cando

23,50€

mercar

Cando o futuro comezaba. Correspondencia 1955-1990

Xosé Luís Franco Grande

Este libro recolle a correspondencia que Ramón Piñeiro mantivo co poeta e escritor Xosé Luís Franco Grande durante trinta e cinco anos, ata poucos meses antes do falecemento de Piñeiro.

A estreita relación entre os dous correspondentes e o relevo que esta tivo nos anos denominados de resistencia cultural fan deste obra un testemuño fundamental para entender o período no que se alicerzou a recuperación da cultura galega.

Nas cartas que durante máis de tres decenios cruzaron Ramón Piñeiro e Xosé Luís Franco Grande está presente o espertar da conciencia galega durante as décadas de 1950 e 1960. Trázase, de xeito nidio, o mapa que ha axudar o lector a se situar no miolo dos acontecementos que deron orixe a unha imaxe nova de Galicia. Estas cartas son testemuño dunha época na que se puxeron os alicerces indispensables para a Galicia do presente.

A estreita relación persoal entre Ramón Piñeiro e Xosé Luís Franco Grande levounos a manter unha correspondencia constante que reflicte o pensamento de Piñeiro e, a través dela, pódese percibir un panorama do mundo da cultura galega daquela época. Estas cartas contribúen a poñer de manifesto o que foi a reconstrución da cultura galega despois da Guerra Civil.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 252
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210 mm
  • Data Publicación : 2009-11-13
  • Colección : Memoria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-242-0
  • Edición : 1

Noticias relacionadas

Cando o futuro comezaba2010-03-26 19:05:34


Actividades relacionadas

CANDO O FUTURO COMEZABA2009-12-09 20:00:00
Homenaxe a Franco Grande2012-01-14 12:00:00

Novidades

porque-te-queroPorque te queroBaldo Ramos
a-xente-da-barreiraA xente da barreiraRicardo Carballo Calero
cen-sementes-que-voaronCen sementes que voaronIsabel Minhós Martins
a-viaxe-de-anaA viaxe de AnaAlberte Momán

Autor/a

x-l-franco-grande

Franco Grande, Xosé Luís
Nace en Tebra (Tomiño) no ano 1936, estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu en Vigo a profesión de avogado. En 1978 foi nomeado académico de número na Real Academia Galega e leu o seu discurso de ingreso en 1998. Foi nomeado fillo predilecto do concello de Tomiño en 2011. En 1967, publicou Entre o si e o non, co que obtivo o Premio Nacional de Poesía Rosalía de Castro. Autor do xa histórico Diccionario galego-castelán (1968) e do Vocabulario galego-castelán (1972), a súa obra poética publicouse reunida no volume Herdo de memoria e tempo (1987). En 2004, reeditou, ampliado, Os anos escuros, o seu testemuño sobre a resistencia cultural, e, en 2009, Cando o futuro comezaba, a súa correspondencia con Ramón Piñeiro entre 1955 e 1990. En 2013 deu ao prelo o ensaio Outra política para outros tempos e en 2015 o poemario Xoguetes do tempo.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR