Camino de Santiago. Guion para una película

Ramón Otero Pedrayo

A petición de Suevia Films, Ramón Otero Pedrayo escribe en 1952 o guión para unha película documental sobre o Camiño de Santiago.

A recuperación do texto dese guión demostra a súa capacidade para observar os cambios producidos na sociedade galega e adaptarse a eles ao tempo que explica algunhas das cuestións que non eran doadas de entender na súa obra literaria da posguerra. Igual que en 1929 publicara A lagarada para un futuro teatro galego, agora escribiría para unha futura cinematografía galega. O interese do autor de Arredor de si polo cinema e a súa vontade de colaborar nel mostran a modernidade dun escritor que nunca renunciou a levar a literatura aos outros eidos da realidade.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 144
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 24/07/2018
  • Colección : Biblioteca Otero Pedrayo
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-175-5
  • Edición : 1
  • Nº na colección : 12
  • Observacións :

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

as-ramonasAs ramonasAna Cabaleiro
adios-maria-2018Adiós MaríaXohana Torres

Otero Pedrayo

Otero Pedrayo, Ramón
Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976) é unha das máis sobranceiras figuras da Historia da cultura galega. Membro destacado da Xeración Nós, a súa traxectoria vital e intelectual vai dende as cortes republicanas, nas que foi deputado galeguista, ata a presidencia de Editorial Galaxia, cargo que desempeñou ata a súa morte. Foi tamén presidente do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de Xeografia na Universidade de Santiago. Otero Pedrayo foi un escritor que cultivou todos os xéneros literarios, dende a poesía ao teatro, pasando pola novela, o relato, o xornalismo e, por suposto, o ensaio. Da súa obra literaria cómpre salientar as novelas Os camiños da vida (1928), Arredor de si (1930) e O señorito da Reboraina (1960), os ensaios sobre a paisaxe e a cultura de Galicia, o poemario Bocarribeira (1958) e a súa achega ao eido teatral.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR