a cidade

12,40€

mercar

Cadernos Grial. A cidade e a palabra. Nadal 2004

VV.AA.

XXI encontro de escritores galegos, vascos e cataláns. Doce maneiras de construir o espazo urbano.

Territorios da memoria. Xeografías soñadas. Paraísos non sempre accesibles. ¿Infernos? A cidade como referencia. Unha escolma de escritores galegos, eúscaros e cataláns (Galeusca) reflexionan, poetizan ou recrean o universo urbano, cadaquén o seu, dende cadansúa ollada, emoción, experiencia ou sensibilidade.

Estos textos nacen do Galeusca 2004. Dende xuño de 1984 a Asociación de Escritores en Lingua Galega, a Euskal Idazleen Elkartes e a Associació d'Escriptors en Llengua Catalana iniciaron estes encontros períodicos entre as tres literaturas, espazos para o coñecemento e a información mutua, para a creación e a reflexión compartida, para afondar nas cousas que nos unen, non nas que nos separan. Máis de vinte anos afortalando solidariedade a través da palabra e do respecto pola diversidade, que é unha riqueza, nunca un problema.

Fran Alonso, Miguel-Anxo Murado, Xavier Queipo, Marga do Val, Jon Abril, Julen Gabiria, Joan Agut, Miquel Desclot, Isidre Grau… Doce miradas diferentes. Doce construccións posibles.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 128
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 17 x 21 cm.
  • Data Publicación : 2005-01-17
  • Colección : Cadernos Grial
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN :
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

prana-apanaPrana ApanaPatricia Rivas Gallego
9788491514473O derradeiro libro de Emma OlsenBerta DávilaPablo Prado
9788491514589O país do porvirXoaquín Fernández Leiceaga

VV.AA.

VV.AA.,


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR