Brevedume

Xurxo Borrazás

(A vida feita anacos)

A Borrazás gústalle pensar que o autor deste libro é el, cando menos unha sorte de primus inter pares nunha táboa redonda na que sentan desde Epicuro a Andy Warhol pasando por Oscar Wilde, Pasolini e Josep Pla, entre moitos outros. Se na cuberta o único nome é o seu, débese a custións de espazo. Pola súa banda, é a economía do tempo a que artella e determina o percorrido das reflexións irónicas, os paradoxos elucidatorios e as certezas imperfectas anotadas desde 1998 a 2018. O libro segue un percurso: o da relación entre quen escribe -e cre que pensa- e o mundo, esa existencia estraña que o escritor ten diante e á que custa manterlle o paso, e o pulso, un mundo que o autor confronta unhas veces con delectación, outras con perplexidade, algunhas con xenreira. As máis, co humor dun desenganado a quen non lle falta achego polo que observa e como homenaxe ás posibilidades que xorden de combinar a razón e a imaxinación nun molde literario. Laiábase Talleyrand de que non dispuxera de tempo abondo para ser breve. O autor desta Vida feita anacos tívoo, velaquí vinte anos estrullados, dixeridos e deitados no papel, que a bo seguro han ter continuidade porque, mentres haxa abraio, haberá literatura.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 224
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 24/06/2019
  • Colección : Ensaio
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-351-3
  • Edición :
  • Nº na colección : 95
  • Observacións :

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

9788491514053Atranco no bancoManuel Núñez Singala
9788491514060A sombra das árboresAna Abad de Larriva
9788491514015Os jeans de MaríaLois Alcayde Dans
9788491514046CarruselBerta Dávila

borrazas

Borrazás, Xurxo
Xurxo Borrazás (Carballo, 1963) é un dos escritores máis sobresaíntes da narrativa galega aparecida na última década do século XX. A súa produción literaria comprende os seguintes títulos: Cabeza de chorlito (1991), Criminal (1994), coa que obtivo o Premio da Crítica Española e o Premio San Clemente de lectores, Eu é (1996), Contos malvados (1998), O desintegrista (1999), Na maleta (2000) e Ser ou non no ano 2004 con Galaxia.

En 2007 publica o seu primeiro ensaio, Arte e parte.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR