Bravas. O rexurdir da luz!

A gramola gominola

A GRAMOLA GOMINOLA presenta

A infame Dona Trona é feliz se ti estás triste, ou tes medo, ou tes anoxas. Poderán as Bravas derrotala e traer o rexurdir da luz ao mundo? A GRAMOLA GOMINOLA conta a ritmo de rock & roll como enfrontarse ao abuso escolar, defender a lingua, protexer a natureza e visibilizar as emocións. Mulleres bravas que inspiran e dan luz ao mundo!

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 24
  • Deseño : Cartoné
  • Dimensións : 240 x 210
  • Data Publicación : 15/04/2019
  • Colección : Sonárbore
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-328-5
  • Edición :
  • Nº na colección : 37
  • Observacións : Ilustrador: Iago Araujo

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514053Atranco no bancoManuel Núñez Singala
9788491514060A sombra das árboresAna Abad de Larriva
9788491514015Os jeans de MaríaLois Alcayde Dans
9788491514046CarruselBerta Dávila

Foto a gramola gominola

, A gramola gominola
A Gramola Gominola naceu entre lendas do rock, do blues, do reagge ou do heavy metal; entre cintas de casete, discos e portadas de revistas da súa adolescencia.
Pero tamén naceu entre lendas do rock vivas e galegas. Porque foi un dos seus integrantes, Paco Cerdeira (guitarra), quen se propuxo crear un grupo de rock diferente, para as pequenas e pequenos. Desa idea inicial pasou un tempo ata que volveu saír do caixón e se comezou a concretar con letras e música.
Así foi como se uniron primeiro Anxelo de Xermar (baixo), despois Paula Romero (voz) e Ro Muñoz (batería), tres dos integrantes que xa traballaran xuntos noutros grupos e proxectos. As ideas foron encaixando, os estilos, as personalidades de todos e cada un deles foron dándolle pouco a pouco forma a idea dunha banda de rock para cativos. Unha forma que decidiron chamar Gramola Gominola e coa que prenteden levarnos ata os recunchos máis especiais da música.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR