Biff, Bang, Pow!

13,20€

mercar

Biff, Bang, Pow!

Xabier López López

Novela Case Negra

Esta obra foi publicada por primeira vez en 1997. Agora esta novela coñece unha edición renovada en Galaxia, na que Londres, como o Ourense de A esmorga, é un protagonista máis; pero un Londres do que coñecemos as iconas dos doces anos sesenta do século pasado con todo o seu poder floral, os grupos de rock que rachaban con todo e a moda que ía acurtando o tamaño das saias ao tempo que agrandaba os desexos da mocidade. Mais esta obra de Xabier López López que agora recuperamos é moito máis, porque é unha novela case negra que, abeirada aos galegos da capital do fish and chips, nos vai levar de viaxe, na compaña dun mozo galego alí emigrado, por unha historia de detectives, mulleres fatais e moita, moita diversión.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 216
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 2014-12-22
  • Colección : Costa Oeste
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-579-7
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

grial-222Grial 222 VV.AA.

Autor/a

xabier lopez lopez

López López, Xabier
Xabier López (Bergondo, 1974) é autor dunha extensa obra narrativa que inclúe novelas coma Doutor Deus (1999), A estraña estrela (2003), A vida que nos mata (2003), Trinta e dous dentes (2007), Ca­deas (2013) e Olympia Ring, 1934 (2014), ademais do libro de relatos Os libros prestados (2010). Como escritor de literatura infanto-xuvenil publicou, entre outras obras, Biff, bang, pow! (1997, 2014), Cando Artur non era rei (2012) e O segredo da vella librería (2018). En castelán, obtivo en 2018 o Premio Juan March Cencillo de novela breve con Max & Franz. As súas obras foron traducidas para o castelán, o portugués, o inglés, o árabe e o chinés. Recibiu diversas distincións, entre elas o Premio Risco de Literatura Fantástica, os premios García Barros e Xerais de novela, o Premio da Crítica Española e o Lueiro Rey de novela curta.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR