Benvidos á cidade

Xurxo Sierra Veloso

O comando de liberación animal entrou na granxa e abriu as gaiolas.

Milleiros de visóns americanos, máis grandes e feros do que anunciaban as enciclopedias, foxen ás carreiras. Non se espallan polos montes dos arredores, senón que van cara á cidade sen nome. Alí viven persoas como Urbano e Nati, preocupados pola tardanza da súa filla; ou Celso, un traballador de banca que coñeceu tempos mellores; ou a misteriosa Lady Constance, que talvez coñeza de primeira man os proxectos do comando.

Todos ignoran que a noite do venres vai estar chea de perigos. Os mustélidos que escaparon da granxa non só posúen feitura fermosa  e lixeireza de movementos, senón que tamén teñen instinto asasino e dentes longos e afiados. As rúas están ateigadas de cidadáns que festexan a primavera. Non sospeitan que a morte se agocha baixo a aparencia inocente dun animal de pel escintilante.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 160
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 25/09/2020
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-487-9
  • Edición :
  • Nº na colección : 416
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514909Santa Marta de MoreirasXosé Ramón Fernández-Oxea
9788491515548O nariz de FizMiro Villar

xurxo

Sierra Veloso, Xurxo
Xurxo Sierra Veloso (Caracas, 1969) é licenciado en Filoloxía Hispánica, subsección Galego-Portugués. Funcionario da Universidade de Salamanca, traballa na Escola Universitaria de Maxisterio de Zamora. Publicou as novelas Os ollos do rei de copas (1994), Licor de abelá con xeo (Finalista do Premio Lueiro Rei, 2006), Os mércores de Fra (Premio Risco, 2006) e Os nomes do traidor (2008).

Obtivo o Premio de Narrativa Breve Repsol 2010 pola obra Os fíos, publicada por Galaxia.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR