Beleza vermella

Arantza Portabales

Logo do éxito de Deixe a súa mensaxe despois do sinal,

regresa Arantza Portabales cunha novela negra arrasadora. En Santiago cométese un espantoso crime que, en realidade, semella unha obra de arte. Unha instalación de vangarda. A asasinada é a sobriña da máis importante artista galega, e a maneira en que aparece o cadáver semella un dos seus traballos de vangarda. Todo o cuarto cuberto uniformemente co sangue da vítima. Será que matar pode ser unha forma de arte?

Seis persoas, todas achegadas á vítima, son sospeitosas, porque todas poderían ter motivos para cometer o crime. Polo medio, paixón sen control e un manexo da intriga que fai desta autora unha das voces cruciais da novela negra galega contemporánea.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 428
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 17/04/2019
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-317-9
  • Edición :
  • Nº na colección : 387
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo

SobrevivindoSobrevivindo13,70€

Actividades relacionadas


Novidades

grial-221Grial 221 VV.AA.
estrelecerEstrelecerCarlos Labraña
9788491513308MnemeaXosé Duncan

Autor/a

Foto Arantza Portabales

Portabales, Arantza
(San Sebastián, 1973) Filla de emigrantes galegos, é licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e funcionaria da Escala Superior de Finanzas da Xunta de Galicia. Iníciase como escritora no ano 2013, cultivando o xénero do microrrelato. Participou en libros colectivos como 40 plumas e pico, As palabras contadas, Lecturas d'Espagne, volume 2, Purorrelato de Casa África, volume 2 e Escribo 3. Regularmente escribe microficción en http://unanubedehistorias.blogspot.com.es/. En outubro de 2015 publicou o seu primeiro libro de microrrelatos: A Celeste la comprá en un rastrillo. Ese mesmo ano, a súa novela Sobrevivindo (Galaxia 2015) resultou vencedora do XV Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia. Regularmente escribe microficción en http://unanubedehistorias.blogspot.com


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR