bechos

9,30€

mercar

Bechos pequerrechos

María Lires

María Lires escribe e ilustra estas historias de bechos.

Un desfile zoolóxico divertido e cheo de cores. Bechos de cabelos crechos que cantan e contan a súa vida de pequerrechos.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 32
  • Deseño : Capa dura
  • Dimensións : 15,5 x 19 cm
  • Data Publicación : 2009-07-09
  • Colección : Os Duros
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-199-7
  • Edición : 0

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

guedellasdesedaelino2017Guedellas de seda e liñoMaría Victoria Moreno
grial-214Grial 214 VV.AA.
unha-ducia-de-galegosUnha ducia de galegosVíctor F. Freixanes

lires

Lires, María
María Lires (A Coruña, 1973), ilustradora e agora tamén escritora, preséntase con estas palabras:

"Din que hai nenos que veñen cun pan baixo do brazo... Eu traía unha caixa de pinturas coas que ben cedo comecei a debuxar a miña versión persoal do mundo.

Agora, dende o meu estudio ateigado de libros e pinceis, sigo a xogar debuxando a miña versión persoal dos textos de escritores e amigos coma Vazquez Pintor, Perozo, Susana Lamela, Neira Cruz, Montse Varela, Susa Herrera...

Veño de publicar nesta editorial Bechos pequerrechos, o meu primeiro libro como autora amais de ilustradora.

Debuxar é a miña paixón. Iso e camiñar baixo as arbores á procura dalgunha criatura que atrapar nun novo libro."


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR