Estás aquí:

Código: 2717

Baixo o signo da bipolaridade. A poesía de María Mariño Carou

22,60  IVE INCLUIDO
Despois de ler esta monografía de Xosé Luís Sánchez Ferraces entendemos mellor, moito mellor, aquela muller que se fixo poeta nas terras do Courel, onde, durante vinte anos, soportou as súas depresións, que foi a materia do seu canto. Escribíndoas, escribíndose, definíase e foi sobrevivindo.
Dese universo escuro e fondo fala con pericia e eficacia este libro do profesor Sánchez Ferraces, filólogo sempre, incluso nos momentos en que se nos mostra como un experto en saberes psicanalíticos, imprescindibles para internarse na floresta sombriza e mesta dos versos de María Mariño. Por se fose pouco —aquí a eficacia—, esta reveladora monografía está escrita, sempre, con rigor e co xeito literario impropio da aridez de tantos estudos. (Do limiar de Xesús Alonso Montero)

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 248
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Ensaio
Nº na colección: 96
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-392-6
Observacións:

AUTORES/AS

Sánchez Ferraces, Xosé Luís
xose-luis-sanchez-ferraces

Xosé Luís Sánchez Ferraces (San Xoán de Filgueira, Ferrol, 1946) cursou a carreira de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. En 1972 obtivo a licenciatura en Filoloxía Románica e posteriormente o Grao na mesma coa defensa da tese de licenciatura titulada “Introdución á lectura d’A Coutada de Vicente Risco”.

Profesor de lingua e literatura galegas, exerceu o seu labor docente na Universidade de Santiago de Compostela como profesor adxunto interino e na Universidade de Vigo como profesor titular de Escolas Universitarias na área de “Filoloxías galega e portuguesa”. As súas investigacións céntranse na análise e interpretación de textos narrativos e poéticos tanto de escritores galegos (Rosalía de Castro, Vicente Risco, Castelao, Celso E. Ferreiro, Carlos Casares) como de escritores portugueses (José Gomes Ferreira, José Saramago, Mário de Sá-Carneiro) e hispanoamericanos (Julio Cortázar). De­sempeñou o cargo de secretario do Boletín Galego de Literatura desde 1989, ano da súa creación, ata 1992 e logo, durante un tempo, foi membro do seu Consello de Redacción.

As súas obras

Baixo o signo da bipolaridade. A poesía de María Mariño Carou
baixo-o-signo-da-bipolaridade
22.60€ CON IVE

COLECCIÓN

Ensaio

A arte do imposible
arte
25.40€ CON IVE
A condición homosexual
foto
22.95€ CON IVE
A cuestion ambiental en Galicia
ac uestion ambintal
28.60€ CON IVE
A etapa portuguesa de Colón e a súa viaxe Ultra Tile
etapa portuguesa colon
21.40€ CON IVE
A Galicia clásica e barroca
foto
23.90€ CON IVE
A imaxe de Galicia e os galegos na literatura castelá
9788471548832
esgotado
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
30.50€ CON IVE
A literatura galega contada aos escépticos
9788411762007
14.80€ CON IVE