Aventuras de Alberte Quiñoi

Manuel García Barros

Coa meticulosidade dun etnógrafo e o verismo das propias vivencias

García Barros ofrécenos nas Aventuras de Alberte Quiñoi (as súas aventuras), un retrato do correr dos días nunha aldea galega do val do Ulla, nos últimos anos do século XIX, a través das trasnadas e aconteceres do cativo Alberte, onde amosa un profundo coñecemento do país.

Unha obra escrita con intelixencia e fonda sensibilidade, que supera o costumismo a través do humor e cunha forte carga irónica no tratamento de costumes e dos temas relixioso e idiomático. Un espello da vida de gran valor etnográfico e unha crónica miúda dos días e dos oficios. Un retrato de nós.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 476
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 01/06/2020
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-464-0
  • Edición :
  • Nº na colección : 413
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo

fotoEnredos10,75€

Actividades relacionadas


Novidades

9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz
9788491514862SilencioAgustín Agra
o-paraiso-dos-inocentesO paraíso dos inocentesAntón Riveiro Coello

Autor/a

garcia barros

García Barros, Manuel
Mestre e labrego que naceu en 1876 en Berres (A Estrada) e morreu en 1972 en Callobre (A Estrada). Realizou estudos de Maxisterio. Foi fundador e director do xornal El Estradense  (1906). Asinaba co pseudónimo Ken Keirades os seus artigos anticaciquís. Debido ás súas ideas galeguistas e progresistas, tivo problemas coa xustiza, chegando a ser encarcerado en varias ocasións, coincidindo na prisión de Pontevedra con Fernández del Riego en 1955. Da súa creación destacan a obra teatral Carta da Habana, estreada en 1926, Contiños da Terra (1931) e a novela As Aventuras de Alberte Quiñói, que rematou de escribir en 1942 e só vería a luz postumamente. Tamén a colección de relatos inéditos Enredos e a miscelánea autobiográfica Dos meus recordos foron publicados logo da súa morte. Desde 1957 o escritor estradense foi correspondente da Real Academia Galega.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR