trooitas

15,60€

mercar

As troitas, miñas señoras

Juan José Moralejo Alvarez

Un libro onde diversión e sabedoría mestúranse para propor un tipo de lectura diferente, un humor que xorde da experiencia do autor como pescador nos ríos galegos.

Nunha nova edición ampliada e revisada polo autor, Editorial Galaxia publicou en abril do 2005 As troitas, miñas señoras, de Juan José Moralejo. Un libro singular e de lectura diferente presentado por un limiar de Carlos Casares e cun epílogo de Álvaro Cunqueiro.
A sabedoría que deitan as páxinas de As troitas, miñas señoras, segundo as palabras de Carlos Casares, ten que ver coa vida miúda de todos os días, con ese "saber antigo, vello de moitos séculos, que se resiste a desaparecer e reclama, con dereito e con razón, un lugar no mundo". Juan José Moralejo adobía o seu coñecemento e experiencia nos ríos galegos cunha paixón de pescador vocacional que xamais perde de vista o lado humorístico das situacións.
As aventuras e desventuras do autor nárranse, e "péscanse", directamente desde a beira satírica do río da vida. Nada escapa a ollada mordaz de Moralejo, nin a propia figura do autor. Un libro que nace coa intención de deixar ben clara a admiración entolecida por ríos e troitas, canas e carretes. A lembranza dunha diversión coma a pesca leva ao autor a facer partícipes aos lectores da diversión de recordar e revivir, a través da literatura, eses momentos gozosos a carón dos ríos galegos.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 248
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 140 x 210 cm.
  • Data Publicación : 2005-04-14
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-797-5
  • Edición : 2

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514725Unha estrela para AminaCelia Díaz Núñez
cronica-viva-do-pensamento-galegoCrónica viva do pensamento galegoMarcelino Agís Villaverde
arbores-no-desertoÁrbores no desertoRosalía Fernández Rial

moralejo

Moralejo Alvarez, Juan José
Juan José Moralejo Álvarez (Compostela 1941-2012) era avogado e doutor en Filoloxía Clásica. Exerceu como catedrático de Filoloxía Grega na Universidade de Santiago de Compostela.

Colaborador habitual do xornal La Voz de Galicia desde 1971, obtivo o Premio Fernández Latorre de xornalismo en 1997. Ademáis de traballos de Lingüística e Literatura Gregas, publicou outros sobre a antiga Gallaecia e toponimia e hidronimia galega. Tamén é autor de A lingua galega hoxe (1974), A lingua galega e os seus problemas (1981), Bestiario Helénico (1991), e a tradución galega da Política de Aristóteles (2004).


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR