As palabras feridas

Jordi Sierra i Fabra

Estamos, sen dúbida, diante dunha das mellores novelas de Jordi Sierra i Fabra.

Unha historia sobre a liberdade e o poder das palabras para cambiar o mundo. Nun país dominado por líderes que non deixan pensar, no medio dun cárcere perdido no medio da nada máis baleira, mergullado nunha realidade abafante que anula a personalidade en nome da “patria”, o protagonista desta historia, responsable da vixilancia dun vello profesor e poeta detido por “disidente”, comprobará como o seu mundo se derruba por dentro ao descubrir a forza indestrutible do amor. E que quen ama, é libre de verdade.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 196
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 19/01/2017
  • Colección : Costa Oeste
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-025-3
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

9788491514169A casa xunto ao volcánXosé Ricardo Losada
9788491514053Atranco no bancoManuel Núñez Singala

Sierra i Fabra

Sierra i Fabra, Jordi
Naceu en Barcelona en 1947. É un dos autores españois máis prolíficos e recoñecidos internacionalmente. Autor de máis de douscentos libros e traducido a máis de vinte linguas, iniciouse profesionalmente no xornalismo e foi director de revistas fundamentais para a introdución en España da música rock, como Disco Exprés. Desde 1978 dedícase exclusivamente á literatura, alcanzando un extraordinario éxito de público e vendas. Entre as súas obras máis populares destacan Historia de la música pop, El joven Lennon, El tiempo del olvido, Nun lugar chamado Guerra e Durmido sobre os espellos. Algunhas das súas obras coñeceron adaptacións á televisión. En 2006 e 2010 foi candidato ao Nobel da literatura para xoves, o premio Hans Christian Andersen, representando a España. En 2011 entrou no padroado do Instituto Cervantes.

A lista dos seus premios é interminable: Ateneo de Sevilla, Gran Angular, Vaixell de Vapor, Abril, Edebé, Cervantes Chico… En 2007 gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, concedido polo Ministerio de Cultura, coa súa obra Kafka y la muñeca viajera, publicado en galego por Galaxia.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR