Estás aquí:

Código: 2049

As mágoas do mozo Werther

17,10  IVE INCLUIDO
Publicado por primeira vez en 1774, As mágoas do mozo Werther foi un dos libros máis lidos e máis influentes do seu tempo.
Novela epistolar na que abrollan as paixóns e o mundo interior do ser humano, a obra de Johann Wolfgang von Goethe inclúese no período estético coñecido como Sturm und Drang e leva á literatura unha concepción da escritura que reflicte a expresión máis espontánea, afastada das normas clásicas. Con ela, a narrativa ábrelle as portas á expresión directa dos sentimentos e as emocións.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 152
Deseño: Capa dura
Data Publicación: 03/12/2007
Dimensións 13,5 x 21 cm. mm.
Colección: Clásicos Universais
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-030-3
Observacións:

AUTORES/AS

von Goethe, Johann Wolfang
Goethe_(Stieler_1828)

Johann Wolfgang von Goethe (Frankfurt do Meno, 28 de agosto de 1749-Weimar, 22 de marzo de 1832) foi un dramaturgo, novelista, poeta e naturalista alemán, principal representante do Clasicismo de Weimar. Exerceu unha gran influencia sobre o Romanticismo, especialmente sobre o Círculo de Jena. Foi o principal membro do movemento Sturm und Drang.

En palabras de George Eliot (1819-1880), «o máis grande home de letras alemán… e o último verdadeiro home universal que camiñou sobre a Terra». As súas novelas, poesías, dramas e mesmo controvertidos tratados científicos, serviron como constante fonte de inspiración para todo tipo de obras. A novela Wilhelm Meister foi citada por Arthur Schopenhauer como unha das catro mellores novelas xamais escritas xunto con Tristram Shandy, A Nouvelle Heloïse e Don Quixote.​ O seu apelido dá nome ao Goethe-Institut, organismo encargado de difundir a lingua e cultura alemá en todo o mundo, equivalente ao Instituto Cervantes.

As súas obras

As mágoas do mozo Werther
magoas
17.10€ CON IVE

COLECCIÓN

Clásicos Universais

Antoloxía do Doce Estilo Novo
9788482887562
23.60€ CON IVE
As flores do mal
flores
25.00€ CON IVE
As mágoas do mozo Werther
magoas
17.10€ CON IVE
As ondas
as ondas
19.40€ CON IVE
Contos completos I
contos
23.30€ CON IVE
Contos completos II
contos2
23.30€ CON IVE
Contos completos III
contos
23.30€ CON IVE
Crime e castigo
crime e castigo
25.85€ CON IVE