As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas

Carlos Casares

Velaquí unha das historias máis divertidas da literatura galega.

Unha excepcional incursión de Casares no teatro para público infantil. Unha historia para ler e para representar. Unha historia que se deixa estonar. Tan saborosa coma unha laranxa.

En 1973, Carlos Casares recibiu o premio do “Concurso de teatro infantil galego” convocado pola Agrupación Cultural “O Facho”. O Centro Dramático Galego volveu poñer en escea esta divertida e engaiolante peza teatral para gozo de pequenos e maiores.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 84
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 130 x 200
  • Data Publicación : 2015-09-01
  • Colección : Árbore a partir de 8 anos
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-160-7
  • Edición : 3
  • Nº na colección : 159
  • Observacións : 5ª impresión

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

unha-verdade-amargaUnha verdade amargaCelia Díaz Núñez

Casares Mouriño

Casares, Carlos
Carlos Casares Mouriño naceu en Ourense en 1941 e morreu en Vigo en 2002. Escritor e crítico literario, foi unha das personalidades máis importantes da cultura galega das últimas catro décadas. É autor de obras tan significativas como as novelas Ilustrísima e Os mortos daquel verán e os libros de relatos Vento ferido e Os escuros soños de Clío. Dirixiu a editorial Galaxia e a revista Grial ata o seu pasamento.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR