foto

76,00€

mercar

As cruces de pedra na Galiza

Castelao

Un estudo presentado en edición facsímile que afonda na linguaxe expresiva dos cruceiros galegos.

Facsímile do último libro que Castelao deu a imprimir antes do seu falecemento. Trátase dun amplo estudio feito no marco do Seminario de Estudos Galegos sobre as cruces de pedra en Galicia, no que se investiga a linguaxe formal destas expresións artísticas tan características do noso país. Castelao pon, ademais, estas cruces en relación coas do mundo celto-atlántico (Escocia, Irlanda, Bretaña) e afonda na idea de afinidade cultural con eses países. Este libro de formato grande incorpora numerosos debuxos así como láminas con ilustracións feitas polo propio autor e algunhas fotografías.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 284
  • Deseño : Capa dura
  • Dimensións : 290 x 377
  • Data Publicación : 2008-11-03
  • Colección : Obra Completa gráfica de Castelao
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-7154-470-4
  • Edición : 2

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

porque-te-queroPorque te queroBaldo Ramos
a-xente-da-barreiraA xente da barreiraRicardo Carballo Calero
cen-sementes-que-voaronCen sementes que voaronIsabel Minhós Martins
a-viaxe-de-anaA viaxe de AnaAlberte Momán

Autor/a

Castelao

Castelao,
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo 1886-Bos Aires 1950) é unha das personalidades máis ricas e fecundas do movemento galeguista. Licenciado en Medicina, abandonou moi cedo a práctica desa profesión para dedicarse ás que eran as súas verdadeiras vocacións: a arte e a reivindicación integral de Galicia. A súa actividade desenvolveuse na creación literaria, no xornalismo gráfico, na pintura, no teatro e na política. Membro destacado da Xeración Nós e home comprometido, no marco do Partido Galeguista, coa defensa da autonomía para Galicia e coa causa republicana, a súa figura alcanzou co paso do tempo unha dimensión mítica. Entre as súas obras máis importantes están Cousas, Cousas da vida, Os vellos non deben de namorarse, Os dous de sempre, Sempre en Galiza e Retrincos. En 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra Ben de Interese Cultural.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR