cartas do destino

17,20€

mercar

As cartas do destino

Xosé Manuel Núñez Seixas

Raúl Soutelo Vázquez

Entre dous mundos

Premio Manuel Murguía da Deputación da Coruña no ano 2003, As cartas do destino é un traballo de investigación histórica desenvolvido por Xosé M. Nuñez Seixas e Raúl Soutelo a partir da correspondencia mantida ao longo de cincuenta anos polos membros dunha familia de emigrantes galegos en América. A voz dos outras veces protagonistas anónimos da historia chega agora aos lectores de maneira directa a través das cartas que se inclúen neste libro publicado na colección Memoria.

Entre América e Galicia circularon durante medio século as cartas da familia Naveiras, orixinarios da parroquia de Ferreira, no concello ferrolterrán de San Sadurniño. As angueiras e arelas destes galegos que marcharon traballar alén mar quedaron así fixadas por escrito. As cartas do destino recolle unha correspondencia de máis de duascentas cartas para, a partir delas, os historiadores Xosé M. Seixas e Raúl Soutelo reconstruíren a historia dunha vida. Mediante a investigación feita polos autores do libro, o lector pode compartir unha experiencia semellante a dos centos de milleiros de galegos que atravesaron o Atlántico, ao tempo que ten acceso directo ao testemuño daqueles que nunca deixarán de pensar na súa terra.

As dificultades da vida cotiá, profesional e familiar, as relacións entre os galegos emigrados e as destes cos que permaneceron en Galicia, o asociacionismo como xeito de recrear os vencellos sociais da terra de orixe e o constante afán por axudar ao progreso de Galicia coa construción de escolas e axuda económica, quedan reflectidas nun libro no que os auténticos protagonistas falan en por si.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 272
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210 mm.
  • Data Publicación : 2005-03-16
  • Colección : Memoria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-791-3
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

grial-221Grial 221 VV.AA.
estrelecerEstrelecerCarlos Labraña
9788491513308MnemeaXosé Duncan

Núñez Seixas

Núñez Seixas, Xosé Manuel
Ourense 1966. Profesor de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela. Entre as súas publicacións sobre o tema migratorio, salientan La Galicia Austral: La inmigración gallega en la Argentina (2001) e O inmigrante imaxinario. Estereotipos, representacións e identidades dos galegos na Arxentina, 1860-1940 (2002).

soutelo

Soutelo Vázquez, Raúl
Amoeiro 1968. Profesor de ensino secundario especializado en historia contemporánea. Publicou os libros Os intelectuais do agrarismo (1999) e De América para a casa (2001). Obtivo o Premio Xesús Ferro Couselo co traballo Labregas, emigradas, estraperlistas e represaliadas. Experiencias de vida e lembranzas de mulleres na Galicia rural: 1900-1960.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR