arte

17,30€

mercar

Arte e parte. Dos patriarcas á arte suicida

Xurxo Borrazás

Por que escribir e que ocorre cando se fai en galego? Que conflitos condicionan a liberdade do escritor? É a literatura unha actividade lúdica? Verdade, xustiza, ou progreso, son secundarias na arte, forman parte dela? Como ler os clásicos? Existen as obras mestras? Que esperan os lectores? E, pola súa banda, cales son os límites dos autores? E os da literatura?

Este libro ofrécese ao público como escenario de conflito, como problematización duns conceptos culturais tan asumidos que se converteron en paisaxe e deixaron de ser útiles. Dun xeito ameno, rigoroso e heterodoxo, o autor parte da experiencia literaria para repensar o carácter da arte contemporánea, a realidade social, política e artística da Galiza de hoxe. Chégase así a unha visión válida e non simplificadora da nosa tradición, dos procesos de creación, do papel das institucións e do pensamento crítico.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 190
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 13,5 x 21 cm
  • Data Publicación : 2007-05-11
  • Colección : Ensaio
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-7154-066-9
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo

brevedumeBrevedume18,70€
ser ou nonSer ou non15,90€

Actividades relacionadas


Novidades

fina-a-pirataFina a pirataHelena Villar Janeiro
follas-novas-literaria-ensinoL. Ensino: Follas novasRosalía de Castro
aires-da-mina-terraL. Ensino: Aires da miña terraManuel Curros Enríquez
red-lionRed LionMaría Alonso Alonso
minutos-para-medianoiteMinutos para medianoiteXavier QueipoRamón Neto

borrazas

Borrazás, Xurxo
Xurxo Borrazás (Carballo, 1963) é un dos escritores máis sobresaíntes da narrativa galega aparecida na última década do século XX. A súa produción literaria comprende os seguintes títulos: Cabeza de chorlito (1991), Criminal (1994), coa que obtivo o Premio da Crítica Española e o Premio San Clemente de lectores, Eu é (1996), Contos malvados (1998), O desintegrista (1999), Na maleta (2000) e Ser ou non no ano 2004 con Galaxia.

En 2007 publica o seu primeiro ensaio, Arte e parte.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR