area

15,95€

mercar

Area fai seis

Araceli Gonda

Este libro fala desas cousas que sendo moi importantes, non se poden mercar con cartos.

Fálanos de Area, que vai facer seis anos. E como calquera nena do seu tempo espera unha morea de agasallos, todo iso que anuncian pola tele. Quéreo! Necesítao!

Sen embargo, os seus pais pedíronlle a todos os amigos e amigas convidados á festa na casa (nada dun sitio deses de bolas) que non lle merquen nada.

É que seus pais a odian? Que é iso de que non lle merquen nada? De sabelo, non os cumpre e queda con cinco para sempre…

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 28
  • Deseño : Capa dura
  • Dimensións : 240 x 210 mm.
  • Data Publicación : 2011-07-15
  • Colección : Árbore Álbum
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-356-4
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz
9788491514862SilencioAgustín Agra
o-paraiso-dos-inocentesO paraíso dos inocentesAntón Riveiro Coello

ara

Gonda, Araceli
Son Araceli Gonda, nacín en Morgadáns case case no día do libro de 1976. Fixen Xornalismo en Santiago, o que me levou á redacción de deportes da Televisión de Galicia. Alí levo once anos, a metade deles presentando distintos informativos. Tamén fun guionista en varias series de televisión, como 4º sen ascensor, Terra de Miranda ou Padre Casares. Con Flisflirisflás entro no mundo da literatura infantil e atopo un mundo novo. Porque a través da obra de teatro da que naceu o libro, e tamén coa posterior A rebelión do monicreque -as dúas da compañía Matapiollos- descubrín o público máis esixente do mundo, pero tamén o máis agradecido. Así que... quen sabe? Isto pode se-lo comezo dunha gran amizade.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR