obra III

32,90€

mercar

Ánxel Fole. Obra literaria completa III. Obra en castelán

Anxel Fole

Coa edición da súa Obra literaria completa Editorial Galaxia conmemora os cen anos do nacemento de Ánxel Fole. En tres extensos volumes con capa dura, esta edición estivo ao coidado do profesor Claudio Rodríguez Fer, que realizou a introdución e compilou os textos . A gran novidade é a inclusión dun tomo coa obra en castelán do autor lugués, que inclúe narrativa, poesía e unha selección dos seus artigos de prensa. O lector ten así unha visión máis cabal da obra dun dos autores fundamentais na literatura galega do século XX.

Os dous primeiros volumes reúnen a obra en galego do autor de Lugo, volumes que xa se publicaran por primeira vez no ano 1997; por iso era agora necesario reunir a súa dispersa obra poética e narrativa en castelán e unha mostra significativa da súa extensísima producción xornalística, pois non parece posible coñecer ou comprender a traxectoria creativa e profesional foleana sen contar con estoutra dimensión lingüística.

A fins dos anos vinte, Fole comezou a escribir os seus primeiros poemas en castelán. Non obstante, non compilará nunca esta producción nun volume e mesmo non a dará a coñecer na prensa literaria e diaria ata moi avanzada a posguerra. Desde os anos cincuenta escribiu xa moi pouca poesía, aínda que foi precisamente nos últimos anos cando deu a coñecer e reeditou boa parte da elaborada antes, así como cando compuxo os seus escasos poemas en galego.

Os tres volumes da súa Obra literaria completa, reúnen por primeira vez, xunto ao Fole máis coñecido e fundamental para a narrativa galega, aqueloutra obra en castelán que ata o de agora se atopaba dispersa e que ha axudar a comprender mellor a evolución da obra en galego e algunhas das influencias que a determinaron, amais de ampliar o retrato de Ánxel Fole cunha faceta indispensable da súa vida, a do profesional do xornalismo.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 638
  • Deseño : Capa dura
  • Dimensións : 14 x 21 cm
  • Data Publicación : 2003-12-19
  • Colección : Obras completas
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-647-3
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

ela-sabe-a-solEla sabe a solNajla Shami
fina-a-pirataFina a pirataHelena Villar Janeiro
follas-novas-literaria-ensinoL. Ensino: Follas novasRosalía de Castro
aires-da-mina-terraL. Ensino: Aires da miña terraManuel Curros Enríquez

Fole

Fole, Anxel
Ánxel Fole (Lugo, 1903-1986) cursou estudios de Dereito e Filosofía e Letras en Valladolid e en Santiago, pero dedicou toda a sua vida á literatura e ao xornalismo. O seu primeiro libro publicado foi A lus do candil (1952), ó que lle seguirían Terra brava (1955), a obra teatral Pauto do demo (1958), Contos da néboa (1973) e Historias que ninguén cre (1985) Mestre do relato curto, a súa literatura contén elementos máxicos e realistas e céntrase fundamentalmente na descrición do mundo tradicional galego.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR