Ánxel Huete. Unha revisión crítica

VV.AA.

Expositiva e editorial

En paralelo á exposición ‘ÁNXEL HUETE. Unha revisión crítica’, celebrada no 2017 sae do prelo o libro do mesmo nome, publicado polo MARCO e a Editorial Galaxia, que forma parte integrante do proxecto, e que está xa dispoñible para venda ao público no Museo, completando así a mostra que actualmente se exhibe nas salas da planta baixa. Dende o inicio da preparación do proxecto, considerouse que debería enfocarse nunha dobre vía —expositiva e editorial—, ambas as dúas fundamentais á hora de abordar unha retrospectiva e de achegarse á figura e traxectoria do artista, funcionando ao mesmo tempo a modo de espello social e cultural das últimas décadas. Así, xunto ao texto curatorial de Agar Ledo, comisaria da exposición e autora tamén da liña de vida ou cronoloxía incluída na publicación, o libro inclúe aportacións de Rosalía Pazo Maside, Manuel Pérez Rúa, Anxo Rabuñal e Isaac Pérez Vicente, que contribúen a contextualizar a figura de Ánxel Huete como artista, e tamén nas súas facetas de pensador, profesor, activista, teórico, vinculado a movementos políticos, asociacións e foros de opinión, e persoa comprometida co seu tempo.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 392
  • Deseño : Cartoné
  • Dimensións : 170 x 240
  • Data Publicación : 05/09/2017
  • Colección : Libros do Marco
  • Editorial : Galaxia e Fundación Marco
  • ISBN : 978-84-9151-069-7 // 978-84-943529-2-8
  • Edición :
  • Nº na colección :
  • Observacións : Coeditado coa Fundación Marco

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

prana-apanaPrana ApanaPatricia Rivas Gallego
9788491514473O derradeiro libro de Emma OlsenBerta DávilaPablo Prado
9788491514589O país do porvirXoaquín Fernández Leiceaga

VV.AA.

VV.AA.,


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR