anuario 07

12,00€

mercar

Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos 2007

VV.AA.

Un ano máis, un equipo de estudosos da nosa literatura, dirixido por Dolores Vilavedra, nos ofrece un completo análise do estado da cuestión.

Nesta edición correspondente ao ano 2007 o Anuario Grial de estudos literarios galegos ofrece algunha novidade, ademais das habituais panorámicas adicadas ás diversas modalidades literarias nas que as e os nosos colaboradores especialistas nos presentan síntese valorativas da producción anual no eido do ensaio, a narrativa, a poesía, o teatro, a novela ou a LIX, sen esquecer un xénero de tan longa tradición entre nós como é a literatura medieval.

Na parte de estudos recollemos, consonte o noso afán por contribuír a recuperar textos esquecidos ou descoñecidos, a edición que José Ángel García López fai dun texto inédito de Emilio Álvarez Blázquez, Poemas e cantigas. Javier Gómez-Montero volta a achegarse nas nosas páxinas á obra de Suso de Toro, neste caso centrándose na análise da polisemia que Compostela adquire nos imaxinarios de tres das súas novelas. E grazas ao artigo de Teresa Seara, o Anuario pode sumarse á celebración dos dez anos do premio de poesía "Concello de Carral" contribuíndo a divulgar a análise que a dita estudosa fai das achegas do galardón ao desenvolvemento da poesía galega actual.

Pero sen dúbida a contribución máis singular deste número constitúea o bloque adicado ao "Simposio Internacional Carlos Casares" (celebrado en Ourense en decembro de 2007), onde se ofrece una selección dos relatorios alí presentados. Esta selección pretende refelctir os distintos aspectos da polifacética actividade casariana, de xeito que Dasilva estuda o Casares autotradutor, Nogueira o lector, Pena Presas descúbrenos o editor atento á promoción dun xénero que daría notables froitos para as nosas letras como é a LIX, Sánchez Ferraces debulla o traballo novelístico de Casares e Olivia Rodríguez pescuda na intensa e dialéctica relación que mantivo co legado da Xeración Nós. Deste xeito o Anuario pretende, por unha banda, contribuír a manter vivo o interese da comunidade investigadora pola vida e a obra de Carlos Casares e, por outra, a un mellor coñecemento e a unha valoración máis axustada de ambas.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 200
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 18,5 x 27 cm.
  • Data Publicación : 2009-01-09
  • Colección : Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN :
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

os-fantomOs FantomPatricia Mallo
grial-219Grial 219 VV.AA.

VV.AA.

VV.AA.,


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR