Estás aquí:

Código: 2974

Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos 2003

12,00  IVE INCLUIDO

Unha nova andaina para o anuario de estudos literarios galegos. Un equipo aberto a futuras incorporacións de estudosos da nosa literatura que asuman os desafíos desta nova etapa. O obxectivo é dispor dun ábano máis amplo de especialistas que o asesoren, unha sorte de rede cómplice que actúe como nexo entre a revista e a sociedade ciéntifica internacional.

O Anuario de Estudos Literarios Galegos inicia unha nova etapa, enmarcado no proxecto xeral da revista GRIAL, que se configura desta maneira coma un amplo espazo de produccións periódicas: Revista Galega de Cultura, Cadernos GRIAL e Anuarios.
Reforzamos un proxecto que naceu hai dez anos da man do profesor Xan González-Millán, na Universidade de Nova York, coa idea de servir de plataforma para a difusión de traballos de investigación literaria galega no mundo, e que ao longo deste tempo logrou convertirse nunha referencia obrigada para os estudos deste tipo. Co apoio da Fundación Caixa Galicia, que desde o primeiro día entendeu a ambición do proxecto, ao igual que fai co Grial e cos Cadernos Grial, o Anuario de Estudos Literarios Galegos (agora Anuario GRIAL de Estudos Literarios Galegos) chega a todos os centros universitarios onde a lingua e os estudos da literatura galega teñen presenza, dentro e fóra do noso país.

Dolores Vilavedra, que na etapa anterior exercía de subdirectora da publicación, asume a partir de agora a direción da mesma, cun equipo renovado de colaboradores directos: Xosé María Dobarro Paz, Manuel Forcadela, Helena González, Carlos Paulo Martínez Pereiro e Camino Noia, e tamén un Consello Científico que se amplía.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 172
Deseño: Rústica
Data Publicación: 12/01/2005
Dimensións 14 x 21 cm. mm.
Colección: Anuario Estudos Literarios Galegos
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-778-4
Observacións:

AUTORES/AS

VV.AA.

As súas obras

Grial 185
grial
12.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Anuario Estudos Literarios Galegos

Anuario de Estudios Literarios Galegos - 1993
1993
19.30€ CON IVE
Anuario de Estudios Literarios Galegos - 1994
1994
21.50€ CON IVE
Anuario de Estudios Literarios Galegos - 1996
1996
22.90€ CON IVE
Anuario de Estudios Literarios Galegos - 1997
1997
22.90€ CON IVE
Anuario de Estudios Literarios Galegos - 1998
1998
22.40€ CON IVE
Anuario de Estudios Literarios Galegos - 1999
1999
19.90€ CON IVE
Anuario de Estudios Literarios Galegos - 2000
2000
27.00€ CON IVE
Anuario de Estudios Literarios Galegos - 2001
2001
25.90€ CON IVE