paz

12,75€

mercar

Antoloxía

Valentín Paz-Andrade

Para un achegamento de primeira man á figura multifacética de Paz-Andrade.

Con selección de textos e edición a cargo de Xan Carballa, esta Antoloxía recolle o labor de Valentín Paz-Andrade como poeta, xornalista e ensaísta.

Inclúe o texto íntegro de Pranto matricial, o seu poemario máis coñecido; ademais dunha biografía sintética e unha introdución á obra literaria.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 168
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 190 mm.
  • Data Publicación : 2012-02-27
  • Colección : Letras Galegas
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-418-9
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas

Día das Letras Galegas2012-05-17 07:00:00

Novidades

manuel-garcia-barros-estampas-desde-o-valEstampas desde o valManuel García Barros
sobre-a-lingua-galega-de-rosalia-de-castroSobre a lingua galega de Rosalía de CastroVictoria Álvarez Ruiz de Ojeda
9788491514497Teño medoDavid de la Iglesia

valentin

Paz-Andrade, Valentín
Valentín Paz-Andrade (Lérez, Pontevedra 1898-Vigo, 1987) foi persoa de múltiples ocupacións e difícil clasificación: xornalista, avogado, economista, investigador literario e histórico, intelectual e activo político. Entre os acontecementos que viviu, están a ditadura militar de Primo de Rivera, a República, a frustración da autonomía galega, a Guerra Civil e a ditadura militar de Francisco Franco, a restauración monárquica, a recuperación democrática e o novo Estatuto. Atopou respostas, cando mozo, nas ideas do nacionalismo galego que confluíron na fundación do Partido Galeguista, do que formou parte. Fundou e dirixiu o diario Galicia, unha experiencia referencial na historia do xornalismo galego. Foi candidato galeguista nas eleccións de 1931, 1933 e 1936 e sobreviviu á ameaza mortal do golpe militar de Franco. Participou como profesor nos cursos de pesca que organizou a FAO en diversos países latinoamericanos.

As súas ideas de vincular o futuro político de Galicia co desenvolvemento económico articúlanse en ensaios fundamentais como Galicia como tarea (1957) ou La marginación de Galicia (1970), ademais de dar soporte teórico e práctico a empresas como Pescanova. Representou a Galicia na Comisión negociadora da Transición, entre outros con Jordi Pujol, Felipe González e Santiago Carrillo. Foi senador de 1977 a 1979 e defensor da autonomía desde posicións críticas.

Como poeta, escribiu Pranto matricial, Sementeira do vento e Cen chaves de sombra; como ensaísta, A galecidade na obra de Guimarães Rosa e Galiza lavra a sua imagen, e, como biógrafo de Castelao, a súa obra monumental Castelao na luz e na sombra.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR