Estás aquí:

Código: 2140

Antoloxía poética (Lois Pereiro)

13,10  IVE INCLUIDO

Escolma poética da obra de Lois Pereiro, autor a quen se dedica o Día das Letras Galegas 2011

Cunha introdución na que o poeta Daniel Salgado propón unha nova lectura da obra de Lois Pereiro, esta antoloxía inclúe 51 poemas que testemuñan a homoxeneidade dunha obra concibida case a xeito de poema único, case coma as follas dun diario.

Unha poesía en tensión que só resiste ao fracaso, á claustrofobia vital, mediante a rebeldía contra un mundo convulso.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 176
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 08/03/2011
Dimensións 190 x 135 mm. mm.
Colección: Letras Galegas
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-355-7
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Pereiro, Lois
lois

Lois Pereiro (Monforte de Lemos, 1958-A Coruña, 1996) comezou a escribir aos 16 anos. Despois deses poemas iniciais, publicados a finais da década de 1970 na revista Loia, o poeta elaborou unha obra que foi reunida en dous libros: Poemas 1981-1991 e Poesía última de amor e enfermidade (1995). Tamén é autor da novela curta Náufragos do paradiso (1997) e, postumamente, publicáronse outros dous libros seus: Poemas para unha loia (1997) e a prosa autobiográfica de Conversa ultramarina (2010).

A Real Academia Galega decidiu dedicarlle o Día das Letras do 2011 e, en certo modo, a súa decisión era sorprendente: aínda que Pereiro fose un dos poetas máis lidos da súa xeración, a súa obra permanecía ligada ao círculo dos heterodoxos e o seu recoñecemento dentro do canon literario resultaba máis ben simbólico. A elección, porén, serviu para sacar á luz unha poesía escintilante, forxada sobre unha consciente experiencia de aproximarse ao abismo da dor e do amor absoluto.

As súas obras

Antoloxía poética (Lois Pereiro)
antoloxia
13.10€ CON IVE

COLECCIÓN

Letras Galegas

A distancia do lobo. Biografía de Uxío Novoneyra
lobo
esgotado
A palabra exacta. Biografía de Lois Pereiro
biog
12.50€ CON IVE
A vida de Ánxel Fole
a vida fole
11.00€ CON IVE
A vida de Eladio Rodríguez
foto
descatalogado
A vida de Manuel Murguía
foto
esgotado
A vida de Rafael Dieste
foto
descatalogado
A vida de Xesús Ferro Couselo
vida xesus ferro
9.80€ CON IVE
A vida do Padre Sarmiento
vida padre sarmiento
9.30€ CON IVE