antiga claridade

10,50€

mercar

Antiga claridade

Xavier Rodríguez Barrio

Un poemario dun perfecto equilibrio interior, que expresa unha profunda e serena meditación sobre a experiencia do tempo.

A insistente evocación do recordo, certas máscaras do íntimo e do amor, conforman esa luz reveladora que o poeta, desde o culto aos sentidos e á vida, utiliza como ámbito para a salvación da memoria e da existencia. Trátase dun libro unitario que aportou unha gramática poética orixinal no panorama da poesía galega dos anos noventa.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 96
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 135 x 200
  • Data Publicación : 1992-05-01
  • Colección : Dombate (Poesía)
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-7154-838-2
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

carabelaCarabelaPaula Carballeira
prana-apanaPrana ApanaPatricia Rivas Gallego

barrio

Rodríguez Barrio, Xavier
Naceu en Lugo en 1954 e dende moi novo foi coñecido como poeta. Pertenceu ó colectivo dos Novísimos, nunha primeira época de poesía ligada ó socialrealismo, con poemarios como Apalpando o eisilio da Raza (1974) e Pranto a Castelao vivo e morto (1975). A súa integración no grupo Cravo Fondo supuxo unha segunda época creativa caracterizada polo maior alento èpico, con títulos como Antífona da redención (1977)e Herdo e alucinación en Fisterra (1981).

En 1984 obtivo o Premio Celso Emilio Ferreiro con Os laberintos da xerfa, libro co que acadou a súa madurez expresiva. A este seguiron outros títulos igualmente relevantes e celebrados, como Os aposentos silenciados (1987), Celebración do Gozo (1989, Premio Esquío e finalista do Nacional de Literatura), Alborada no muro (1991, Premio Eusebio Lorenzo Baleirón) e Antiga claridade (1992, Premio Martín Códax e da Crítica Española).


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR