Estás aquí:

Código: 2722

Anatomía do pensar. O discurso filosófico e a súa interpretación. Volume 1: O discurso filosófico

31,00  IVE INCLUIDO
Premio Concepción Arenal de Investigación en Humanidades, 2016
Este primeiro volume de Anatomía do pensar dedícase ao estudo do discurso filosófico. O autor realiza unha peculiar disección dos elementos constitutivos do discurso. Busca a abstracción, pero non é quen de liberarse da metáfora. Aspira á universalidade, pero está unido á singularidade do seu autor. Un discurso que, para ser estudado, esixe a elaboración doutro discurso, un filosofar sobre o filosofar. O filósofo non pode separar o seu discurso da realidade, tampouco de si mesmo, porqueo ser humano non se limita a vivir e a pensar senón que, ademais, escribe a súa vida e pensamento. E escríbeo a través da máis fermosa utopía: o discurso filosófico.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 648
Deseño: Cartoné
Data Publicación: 10/01/2020
Dimensións 135x210 mm.
Colección: Ensaio
Nº na colección: 101
Edición: 1º edición 1º impresiónª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-434-3
Observacións:

AUTORES/AS

Agís Villaverde, Marcelino
Marcelino-Agís-Villaverde

(Raxó – Pontevedra, 1963) é catedrático de Filosofía da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e titor da UNED de Pontevedra. Foi director do departamento de Filosofía e Antropoloxía Social e vicerreitor de Terceiro Ciclo e Extensión Docente da USC. Realizou estudos de Posgrado en París e Chicago con Paul Ricoeur e foi profesor visitante en varias universidades estranxeiras.

Presidente da Sociedade Interuniversitaria de Filosofía (SIFA), do Foro Galicia Milenio e da Sociedade Galega de Estudos Nipóns (SENI). Vicepresidente da Academia Xacoba, correspondnete da Academia das Ciencias de Lisboa (sección Letras) e fundador do Seminario de Estudos Locais de Sanxenxo (SEL) (2010) e do SEL da Estrada (2012)

En 2015 recibiu o Premio de ensaio “Manuel Murguía” da Deputación da Coruña e, en 2016, o de Investigación en Humanidades “Concepción Arenal”, do Concello de Ferrrol e da Universidade da Coruña.

Os seus libros e artigos científicos está traducidos a numerosas linguas.

As súas obras

O padre Sarmiento, viaxeiro
o-padre-sarmiento-viaxeiro
14.70€ CON IVE

COLECCIÓN

Ensaio

A arte do imposible
arte
25.40€ CON IVE
A condición homosexual
foto
22.95€ CON IVE
A cuestion ambiental en Galicia
ac uestion ambintal
28.60€ CON IVE
A etapa portuguesa de Colón e a súa viaxe Ultra Tile
etapa portuguesa colon
21.40€ CON IVE
A Galicia clásica e barroca
foto
23.90€ CON IVE
A imaxe de Galicia e os galegos na literatura castelá
9788471548832
esgotado
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
30.50€ CON IVE
A literatura galega contada aos escépticos
9788411762007
14.80€ CON IVE