Estás aquí:

Código: 1780

Amigos en tempo real

11,60  IVE INCLUIDO
A amizade e sinceridade nun mundo con cambios causados polos novos medios son os grandes temas desta primeira novela xuvenil de Ramiro J. Álvarez, autor de varios libros de psicoloxía.
Antón e os seus amigos xogan na praza que hai no seu barrio. Ao outro lado do océano, en México, Gloria María non ten con quen xogar; unha noite entra nun chat de internet e empeza a falar cun rapaz que lle cae simpático desde o primeiro momento. É Antón. Antón non pode xogar coma os outros rapaces, pero conta cunha panda de amigos e amigas do mello. Unha panda na que axiña Gloria encontrará un lugar moi especial.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 96
Deseño: Rústica
Data Publicación: 25/03/2009
Dimensións 130 x 200 mm. mm.
Colección: Árbore a partir de 12 anos
Nº na colección:
Edición: 3ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-041-9
Observacións:

AUTORES/AS

Álvarez, Ramiro J.

Ramiro J. Álvarez naceu ao pé da muralla de Lugo hai xa case medio século. De neno pensaba que debía estar ben iso de escribir libros, pero aconselláronlle que se deixase de parvadas e rematase dunha boa vez os deberes da escola. Daquela, decidiu apurarse ben para poder facer o que máis lle gustaba: ler, escribir contos, debuxar historietas e mirar mapas. Deste xeito, aplicouse aos seus estudios, pero sen perder de vista as moitas cousas que acontecían ao seu redor: a aparición da televisión, a chegada da coca-cola, os transistores e a primeira pegada do home na lúa. Case sen darse de conta, rematou os seus estudos de Maxisterio e logo os de Psicoloxía. Traballou como peón en Alemaña, de camareiro en Inglaterra, foi empregado de banca en Almería, mestre no Porriño e, agora, é orientador no IES nº1 de Sarria. De momento, segue coa sensación de que non fixo aínda os deberes todos, pero algún libriño que outro xa vai escribindo, que non hai mellor maneira de explicar leccións ou facer Psicoloxía que contar as cousas que a un se lle veñen á cabeza. Obras de Psicoloxía xa leva publicadas dez, pero esa é outra historia…

As súas obras

Outro nome para Daniel
daniel
12.20€ CON IVE

COLECCIÓN

Árbore a partir de 12 anos

A brava Sofía
brava sofia
esgotado
A casa da Madriña
foto
esgotado
A casiña azul
casiña
14.00€ CON IVE
A chave de ouro
foto
descatalogado
A chave dos soños
foto
11.90€ CON IVE
A guía fantástica
foto
descatalogado
A longa viaxe
foto
14.00€ CON IVE
A procura de Park
foto
descatalogado