abra

14,50€

mercar

ABRAPALABRA!

Antón Cortizas

Carlos Coira

Ollo con este libro, vaia mago que vas dar!

A lingua é máxica. As palabras lense de arriba a abaixo, de esquerda a dereita… e ata en diagonal! A que non sabías que ti podes ser tamén un mago? Coas palabras podemos xogar. Coas palabras podemos brincar. Coas palabras podemos gozar. Cal é o teu nivel? Aprendiz de Mago?, Mago?, Supermago?

ABRAPALABRA! é un dos libros máis estraños (por divertido, por curioso), de todos cantos teñas visto na vida. Porque cantos libros coñeces que se soteñan de pé? É o que ten a maxia. Que nos permite facer este tipo de cousas. Para escribir ABRAPALABRA! xuntáronse dous magos ben interesantes, cada un deles especialistas nun tipo de ilusionismo diferente. Por unha banda, Antón Cortizas, mago máis que recoñecido na arte de xuntar letras pero non á maneira habitual. Este mago é quen de escribir do dereito e do revés, e da súa pluma máxica saen poemas só cunha letra, con formas singulares, ou con outras palabras dentro que vas ter que descobrir. O outro mago é Carlos Coira, un dos de chisteira e variña. Afeito dende hai moitos anos a sacar coellos de onde non se espera e en facer desaparecer calquera obxecto grande ou pequeno. El vaiche ir guiando para que aprendas a ser de cada vez mellor mago. Dende o nivel de "aprendiz" ata "supermago" hai un treito que o libro che axudará a cruzar.

Os dous magos xuntáronse para, entre os dous, e co traballo de ilustración dese outro mago, dos pinceis, das formas e das cores que é Jacobo Fernández Serrano, elaborar este libro que che vai permitir gozar da maxia das palabras galegas pero, tamén, aprender maxia dun xeito divertido e sobre todo, moi moi moi doado.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 58
  • Deseño : Capa dura
  • Dimensións : 210 x 300 mm.
  • Data Publicación : 2010-11-22
  • Colección : Álbumes
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-311-3
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas

ABRAPALABRA! no Achegarte2011-04-02 17:30:00

Novidades

as-que-mais-molan-maria-fumacaAs que máis molan!!! UxíaMagín Blanco
hermes-aprendiz-de-magoHermes, aprendiz de magoManrique Fernández
a-ledicia-de-lerA ledicia de lerCarlos Casares
a-pel-do-mundoA pel do mundoBerta Dávila

cortizas

Cortizas, Antón
Antón Cortizas Amado (Ferrol, 1954) é profesor. En 1986 gañou o premio Curuxa de Humor co relato A medio muller. Desde esa data, a súa dedicación á literatura infantil e xuvenil tenlle deparado moitos recoñecementos, como o premio Barco de Vapor por Memorias dun río (1988) e O conto dos sete medos (1991) e, tamén en dúas ocasións, o premio Xeración Nós de textos teatrais por O coleccionista de sombras (1990) e O incrible invento de Solfis a pianista (1994). Outros títulos publicados por Cortizas son Xiganano, ¿onde estás? (1990), O lapis de Rosalía (1992), A bruxa sen curuxa (1993), O merlo de ferro (1995), A merla de trapo (Premio Merlín 2001) e ¡Cázame ese pensamento! (2001).

coira

Coira, Carlos
Carlos Coira Nieto (Rábade, 1969). Licenciado en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela, funda a editorial Tris-Tram no ano 1994 e en 1997 abre en Lugo a libraría Trama, sendo esta a súa actividade principal.

No ano 2000 funda a compañía Matapiollos Teatro con Jorge Yáñez e Marta Rivas, e con eles comeza a súa andaina no mundo do teatro para nenos. Con Marta e Jorge percorre Galicia nos anos 2008 e 2009 coas obras Flis-fli-ris-flás e A Rebelión do Monicreque, ambas escritas por Araceli Gonda, en dúas campañas de animación á lectura promovidas por Editorial Galaxia.

Tamén adica parte do seu tempo ao mundo do ilusionismo dende que era un rapaz (aínda conserva películas en super-8 nas que xa está facendo maxia con 7 anos).

No ano 2010 escribe Abrapalabra xunto co poeta Antón Cortizas e o ilustrador Jacobo Fernández, un libro que xunta a poesía e a maxia para os máis pequenos e que o está levando a percorrer cen concellos de Galicia para poder compartilo, a través dun espectáculo de maxia, con milleiros de nenas e nenos de todos os recunchos.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR