foto

Non dispoñible

Non dispoñible

A vida de Manuel Murguía

Xesús Rábade Paredes

A vida dun dos grandes fundadores do pensamento galego tratada dende a ollada de Rábade Paredes.

No libro A vida de Manuel Murguía o escritor Rábade Paredes consegue achegarnos un dos grandes fundadores do pensamento galego, homenaxeado co Día das Letras Galegas no ano 2000. Tracexando os fitos da vida do ilustre historiador e primeiro presidente da Real Academia Galega, Rábade Paredes esboza na primeira parte desta biografía, de maneira clara e amena, o que foi a situación deste intelectual no contexto da época que lle tocou vivir e do que el mesmo foi un dos teóricos importantes. Na segunda parte do libro podemos ver expostas as liñas fundamentais do pensamento de Murguía, en particular as ideas en torno a Galicia, os seus alicerces culturais e a súa definición no conxunto dos pobos da Península Ibérica. Finalmente, na terceira parte, Rábade Paredes recompila textos de diferentes autores que falan de Murguía, ofrecendo ó público lector unha sinopse moi útil das perspectivas e comentarios máis salientables ó redor do pensador galego.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 96
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 119 x 215
  • Data Publicación : 2000-03-01
  • Colección : Letras Galegas
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-358-8
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo

dona e donDona e don6,00€
saraverdeSaraverde13,00€

Actividades relacionadas


Novidades

pericles-e-a-baleaPericles e a baleaXohana Torres
baleas-e-baleasBaleas e baleasLuisa Castro
the-making-ofThe making ofXavier Alcalá
o-padre-sarmiento-viaxeiroO padre Sarmiento, viaxeiroMarcelino Agís Villaverde

rabade

Rábade Paredes, Xesús
Xesús Rábade Paredes naceu en 1949 na Terra Chá luguesa. Estudou a carreira de Letras na universidade de Santiago e foi profesor de galego no ensino medio. Membro fundador do Pen Club de Galicia, Rábade Paredes é poeta, narrador e estudoso da literatura. Publicou numerosos libros e obtivo varios premios. Así, por exemplo, foi galardoado co Premio Galicia polos libros No aló de nós e Morrer en Vilaquinte, elaborados conxuntamente coa súa dona Helena Villar Janeiro. Tamén recibiu o XIII Premio Esquío co poemario Poldros de música. En Galaxia, Rábade Paredes publicou, entre outros títulos, Saraverde, Branca de Loboso, A palabra secreta e As sombras do barroco.

En 2006 recibiu o Premio Blanco Amor de Novela Longa pola obra Mentres a herba medra, editada por Galaxia.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR