A túa historia

Kathryn Strobel

Vanesa Álvarez

Esta historia é só túa

para que aprendas como chegaches, como baixaches da lúa…

“Incluído no catálogo da OEPLI 2018 como un dos mellores do ano”

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 24
  • Deseño : Cartoné
  • Dimensións : 240 x 210
  • Data Publicación : 11/03/2019
  • Colección : Álbumes
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-315-5
  • Edición :
  • Nº na colección : 7
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

beleza-vermellaBeleza vermellaArantza Portabales
bravas-o-rexurdir-da-luzBravas. O rexurdir da luz!A gramola gominola
9788491513087ÓstrakaLuís Valle

Autor/a

kathryn-strobel

Strobel, Kathryn
Kathryn Strobel traballa en Educación Superior no Dominican College de Nova York. É licenciada en inglés pola Universidade de Kentucky e obtivo unha mestría en educación da Universidade de Louisville. A Kathryn sempre lle apaixonou escribir e afirma que hai algo particularmente especial na arte de facer un libro para nenos. Ela cre que os libros infantís crean fermosos momentos entre os pais e os seus fillos, fomentan a creatividade e axúdannos a vivir máis no agora.

Autor/a

vanesa-alvarez

Álvarez, Vanesa
(Vigo, 1983) Titulada en artes plásticas e deseño, traballa como creadora tanto na súa vertente máis comercial, como en artes escénicas (A artística, 6x6, A factoría teatro, VGo Negro Son), poesía (Festival Kerouac) e arte urbana (Vigo Cidade de Cor, Pintamalasaña Madrid, Casa Galicia NY e Brooklyn Internacional School entre outros). A poesía visual sempre tivo unha pegada palpable na obra desta artista gráfica, que participou en expos de xoiería (GZ Crea), fotografía (Casa das Mulleres), perfomance “ Xardín segredo” en MARCO (coa Canalla) ou en colectivas no VERBUM. A súa exposición individual “Ser é crear” mostrouse en espazos de Galicia e Portugal. Tamén realizou instalacións artísticas no Instituto Cervantes New York, Festival Arteficial e Centro Cultural de España en México. Recentemente inaugurou “Poetry Month” exposición de fotografía analóxica, pintou o seu último mural en Vigo, “Expostas”, sobre o empoderamento e visibilización da muller a través da arte urbana e realizou muráis e talleres con cativos en México coa Asociación LADLE.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR