Estás aquí:

Código: 2778

A sorte de espertar

12,60  IVE INCLUIDO
O valor da amizade no difícil e fascinante tránsito da adolescencia
Esta narración sosegada e penetrante trata da amizade entre Aurora e Lidia, dúas rapazas que cursan o derradeiro curso de bacharelato e que vivirán xuntas un ano decisivo para as súas vidas. A familia, o instituto, as lecturas, a música, os amigos…, as experiencias cotiás son o marco no que se desenvolven as expectativas de vida, os soños e a angustia das dúas protagonistas, moi distintas nas súas formas de ser e na súa maneira de enfrontarse ó mundo e, asemade, fortemente unidas polo poder da amizade. Escrito con perspicacia e agarimo, A sorte de espertar é un relato que incita o lector novo a abordar con serenidade a incerteza e a confusión vital propias das etapas de transición. Este é o primeiro libro de Xabier Alcalde.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 132
Deseño: Rústica
Data Publicación:
Dimensións 138 x 210 mm.
Colección: Costa Oeste
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-310-6
Observacións:

AUTORES/AS

Alcalde González, Xabier
alcalde xabier

Xabier Alcalde (Cangas do Morrazo, Pontevedra, 1956) estudou Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela e é profesor desta materia nun instituto de ensino secundario da súa vila natal. Nos anos oitenta foi un dos fundadores de Babel, unha revista de pensamento e literatura editada no Morrazo.

As súas obras

A sorte de espertar
foto
12.60€ CON IVE

COLECCIÓN

Costa Oeste

2044
2044
17.20€ CON IVE
A besta moura
besta
12.90€ CON IVE
A boca do monte
A boca do monte
14.50€ CON IVE
A cámara escura
9788491515838
10.20€ CON IVE
A derradeira bala
a-derradeira-bala
12.60€ CON IVE
A desaparición de Evelyn
desaparicion evelyn
14.00€ CON IVE
A dona de Auria
15.50€ CON IVE
A era de Lázaro
era lazaro
11.50€ CON IVE