rosa

25,75€

mercar

A rosa do viño. Cultura do viño en Galicia

Xavier Castro

Premio Gourmand World Cookbook Award 2010 na categoría Best Wine History Book

Relato histórico dunha das facetas da experiencia colectiva dos galegos, este libro incorpora, dun xeito novidoso, a tradición enogastronómica e literaria conxugándoa coa sensibilidade popular e a memoria viva da cultura do viño en Galicia.

Como achegamento á historia cultural do viño en Galicia, A rosa do viño é un traballo de investigación histórica que emprega fontes en boa parte inéditas. Relata con rigor unha faceta relevante da experiencia colectiva dos galegos para constatar a realidade dun ethos étnico, patente no modo enxebre de beber. E analiza o tránsito da bebida comunitaria a unha concepción individualista do xeito de beber.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 492
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210 mm
  • Data Publicación : 2010-02-19
  • Colección : Ensaio
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-252-9
  • Edición : 1

Noticias relacionadas

Cultura do viño en Galicia2011-06-28 10:54:11
Os galegos e o viño2011-06-28 10:53:57


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514756A esmorga (Ilustrada)Eduardo Blanco AmorDiego Estebo
9788491514725Unha estrela para AminaCelia Díaz Núñez

Autor/a

xavier-castro

Castro, Xavier
Xavier Castro P. é catedrático de E. U. de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela. Impartiu docencia na Université de Rennes e na École des Hautes Ètudes en Sciences Sociaux, de París. Comisario de exposicións, tradutor e conferenciante, foi subdirector da revista Grial e asesor histórico de series da TVG: As leis de Celavella, A casa de 1906 e Lobos e cordeiros. É membro da comisión científica da Fundación Dieta Atlántica. Salienta a publicación da súa tese de doutoramento O galeguismo na encrucillada republicana (Deputación de Ourense, 1985, mención de honra do Premio Otero Pedrayo, 1983) e do libro Castelao e os galeguistas do interior. Cartas e documentos 1943-1954 (Galaxia, 2000). Considerado un relevante especialista en historia social, da alimentación, a gastronomía e o viño en Galicia, polas súas publicacións: A lume manso; Ayunos y yantares (Premio Nacional de Gastronomía); A la sombra ejemplar de los parrales; A rosa do viño. Cultura do viño en Galicia; A mesa e manteis (Premio Gourmand World Awards) e Yantares gallegos. Historia de la dieta atlántica. Tamén recibiu o premio Picadillo do Fó-rum Gastronómico (2015).


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR