romaria xelmirez

20,50€

mercar

A romaría de Xelmírez

Ramón Otero Pedrayo

A novela da viaxe histórica que o bispo Diego Xélmirez realizou a Roma no ano 1104.

A romaría de Xelmírez pertence á serie de novelas historicas que Otero publicou entre 1930 e 1935. O bispo Xelmírez viaxa a Roma no 1104. Ao longo do camiño, Otero desprega as súas grandes dotes de historiador e xeógrafo para ofrecernos unha intelixente e fermosa panóramica da cultura, a política e a relixión da Europa de entón. Adentrarse nas páxinas desta novela acaba sendo un reto que ha deixar ao lector gustosamente rendido ante a xenialidade dunha das mellores obras da literatura galega do século XX.

A primeira edición apareceu en 1934 en Santiago, publicada pola Editorial Nós. A presente inclúe unha extensa introdución, un tratamento coidado do texto e abundantes notas co fin de facilitarlle ao lector o acceso ao fermoso mundo oteriano.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 336
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 1991-06-01
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-7154-786-6
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

milicianosMilicianosCastelao

Otero Pedrayo

Otero Pedrayo, Ramón
Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976) é unha das máis sobranceiras figuras da Historia da cultura galega. Membro destacado da Xeración Nós, a súa traxectoria vital e intelectual vai dende as cortes republicanas, nas que foi deputado galeguista, ata a presidencia de Editorial Galaxia, cargo que desempeñou ata a súa morte. Foi tamén presidente do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de Xeografia na Universidade de Santiago. Otero Pedrayo foi un escritor que cultivou todos os xéneros literarios, dende a poesía ao teatro, pasando pola novela, o relato, o xornalismo e, por suposto, o ensaio. Da súa obra literaria cómpre salientar as novelas Os camiños da vida (1928), Arredor de si (1930) e O señorito da Reboraina (1960), os ensaios sobre a paisaxe e a cultura de Galicia, o poemario Bocarribeira (1958) e a súa achega ao eido teatral.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR