globos

13,95€

mercar

A revolución dos globos

Alfonso Álvarez Cáccamo

Dentro deste libro latexa a vida. Tamén latexa esoutra forma de vida que é o recordo.

Lembrar é unha das experiencias máis humanas que existen, sobre todo lembrar aquilo que un nunca viviu, como acontece con Gurzonia, un país que non existe, mais existe porque se alicerza na creatividade do mundo infantil. Con estes bimbios está construído este artefacto literario que é algo máis ca unha novela.

Presente e pasado, realidade e ficción, lembranza e invención se mesturan maxistralmente coa presenza constante dun sutil humorismo.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 296
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 135 x 210 mm.
  • Data Publicación : 2008-05-23
  • Colección : Costa Oeste
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-064-8
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514725Unha estrela para AminaCelia Díaz Núñez
cronica-viva-do-pensamento-galegoCrónica viva do pensamento galegoMarcelino Agís Villaverde
arbores-no-desertoÁrbores no desertoRosalía Fernández Rial

alfonso

Álvarez Cáccamo, Alfonso
Naceu en Vigo en 1952. É mestre e iniciou a súa obra literaria con textos destinados ao público infantil. Autor polifacético e sorprendente, procede dunha das familias máis literarias de Galicia. Neto, fillo, irmán e curmán de creadores, el mesmo é un dos nomes máis recoñecidos da narrativa galega actual, como o demostra a súa cumprida bibliografía literaria e os premios que por ela ten acadado. En 1988 obtén o Premio Café de Catro a Catro coa novela curta Peito de vimbio. En 1990 gañou o Premio Xerais con As baleas de Eduardo Reinoso, texto co que inicia unha liña de narrativa baseada no recurso do humor, liña que continua na colección de relatos O eco de Ramallón (1992). Con Xente de mala morte (1993), oito contos vencellados polo tema do suicidio e polo ton humorístico co que está tratado, resulta gañador do Premio Álvaro Cunqueiro; en 1996 acadou o Premio García Barros coa novela O espírito de Broustenac. En O bosque de Levas realiza unha actualización narrativa da historia volvendo empregar o recurso humorístico como forma de relativización e crítica da realidade.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR