pension eva

15,70€

mercar

A pensión Eva

Andrea Camilleri

Un dos autores italianos de maior prestixio internacional é o siciliano Andrea Camilleri. Con A pensión Eva, Camilleri abandona temporalmente o seu aclamado personaxe do inspector Montalbano e entrega aos lectores e lectoras unha novela memorable sobre a infancia e a adolescencia na Sicilia da Segunda Guerra Mundial. Editorial Galaxia edita a novela en galego dentro da Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, que publica en colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello de Santiago.

Durante os anos da Segunda Guerra Mundial, os cuartos da Pensión Eva, na vila siciliana de Vigatà, convértense en refuxio dos seus habitantes. Ademais, esa estraña "pensión" é unha presenza misteriosa para Nenè, un rapaz que, ata que logra penetrar na casa, non esperta á vida completamente. A pensión Eva é unha novela de iniciación á vida, á descuberta do sexo, do amor e da amizade nos tempos duros e sen esperanza da guerra.

Mentres homes e mulleres matan e morren, ao redor da Pensión Eva concéntrase a historia íntima do pobo siciliano. Unha historia que se personifica no espertar da curiosidade dun rapaz polo sexo e remata coa descuberta do amor, nun intento por entender o mundo e chegar a saber que é o que realmente importa. Un espazo prohibido, o da pensión, que esconde as fantasías eróticas e tamén as arelas dunha sociedade atormentada pola guerra e o fascismo. Camilleri sorprende cunha novela tenra que non evita certa crueldade, e que engaiola polos personaxes, moi próximos aos das películas de Fellini, nos que a aparente tolería agacha, en realidade, unha inmensa verdade.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 152
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210 mm
  • Data Publicación : 2006-11-22
  • Colección : Biblioteca Compostela de Narrativa Europea
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-82-48
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514053Atranco no bancoManuel Núñez Singala
9788491514060A sombra das árboresAna Abad de Larriva

Autor/a

camilleri

Camilleri, Andrea
Andrea Camilleri (Porto Empedocle, Sicilia, 1925-2019) publica a súa primeira novela, Il corso delle cose, no ano 1978, cando xa pasaba dos sesenta anos. A partir daquela, a súa obra non deixaría de medrar en títulos e en aceptación entre os lectores de todo o mundo. Á parte das novelas do inspector Montalbano, entre as que se pode salientar La forma dell'acqua (1994), Il cane di terracotta (1996) e La voce del violino (1998, Premio Flaiano), é autor dunha obra narrativa ampla, pola que obtivo o Premio Vittorini con Il birraio di Preston e o Premio Elsa Morante con La mossa del cavallo. Actualmente vive en Roma, onde imparte clases na Academia de Arte Dramático. Durante corenta anos foi guionista e director de teatro e televisión.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR