a noite dos animais

7,10€

Non dispoñible

A noite dos animais

Agustín Fernández Paz

A misteriosa historia de Raquel e o caderno chinés.

A noite na que queda soa na casa, Raquel decide estrear o caderno chinés que lle regalou a súa tía.
Ela non sabe que ese caderno tan especial ten propiedades máxicas e que, grazas a el, vai vivir moitas e inesperadas sorpresas.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 60
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 13 x 20 cm.
  • Data Publicación : 2005-05-18
  • Colección : Árbore a partir de 8 anos
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-805-7
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514725Unha estrela para AminaCelia Díaz Núñez
cronica-viva-do-pensamento-galegoCrónica viva do pensamento galegoMarcelino Agís Villaverde
arbores-no-desertoÁrbores no desertoRosalía Fernández Rial

agustion fdez

Fernández Paz, Agustín
Naceu en Vilalba no ano 1947 e finou en Vigo en 2016. Mestre e licenciado en Ciencias da Educación, desenvolve a súa actividade profesional no ensino. Despois de exercer o maxisterio en diversos centros escolares, traballou no gabinete de estudos para a Reforma Educativa e, na actualidade, é coordenador docente de Lingua Galega na cidade de Vigo. Aínda que é autor de moitos traballos sobre cuestións pedagóxicas e relacionadas coa literatura infantil e a normalización lingüística, Fernández Paz debe a súa popularidade como escritor á súa obra narrativa, recoñecida dentro e fóra de Galicia con numerosos premios. En 2008 recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola súa obra O único que queda é o amor. En 2011 foille concedido o VII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil. En 2012 foi nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo.

Entre os seus libros destacan A cidade dos desexos (1989), As flores radiactivas (1989, premio Merlín), Contos por palabras (1990, premio Lazarillo), Lonxe do mar (1991), O tesouro do dragón Smaug (1992), As tundas do corredor (1993), Rapazas (1993), Trece anos de Branca (1994, premio Edebé) e Unha lúa na fiestra (1997).
En 2014 foi distinguido co Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR