a-noite-do-corvo

15,50€

mercar

A noite do corvo

Abel Tomé

"Asasinato. Catro persoas mortas. Todos membros da mesma familia. Casa do faro na Illa de Gothard. Véxote alí en trinta minutos"

A familia Haggerty aparece brutalmente asasinada no interior da súa casa. Gonçalves é tenente da policía de Beth, unha urbe onde o luxo e o diñeiro do centro lle vira as costas aos barrios degradados da periferia. Será o encargado de resolver o crime axudado por dous axentes novos: Pietre, un home solitario cunha obsesión enfermiza polo sexo, e Lúa, exemplar e inocente, obrigada a coidar dun pai enfermo. Os tres enfrontaranse á hostilidade da Illa de Gothard, unha vila ancorada no medievo, cunha mitoloxía propia e un goberno todopoderoso representado polo chanceler Aidan Faol. O tenente Gonçalves debaterase entre ambos os mundos procurando dar resposta ao crime da Casa do Faro sen deixar atrás un recordo que fai pendurar perigosamente do fío da súa existencia.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 204
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 05/05/2018
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-170-0
  • Edición :
  • Nº na colección : 370
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

senlleirasSenlleirasAntía Yáñez Rodríguez
palabra-de-bruxaPalabra de bruxaAndrea Barreira Freije
do-amado-amodoDo amado amodoManuel Outeiriño

Autor/a

abel-tome

Tomé, Abel
(Outes, 1984) é graduado en xornalismo. Como estudante, gañou xunto a outros compañeiros o Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro 2013. Tamén foi gañador do primeiro premio Revista A Pipa 2015 na modalidade de poesía. Actualmente compaxina a comunicación e o deseño cun máster en Dereitos Humanos.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR