Á marxe, 1992. Obra xornalística I

Carlos Casares

Editorial Galaxia inicia en novembro do ano 2005 a publicación da obra xornalística de Carlos Casares con dous volumes, en principio, dedicados a recoller os artigos publicados diariamente polo escritor no periódico La Voz de Galicia durante os anos 1992 e 1993 co título de "Á Marxe".

Poucos escritores lograron como el tal grao de precisión, talento, eficacia, orixinalidade e vontade de estilo coma o autor destas columnas, cita obrigada de miles de lectores que durante anos comezaban a xornada engaiolados no discurso intelixente dos seus textos.

Os artigos xornalísticos de Carlos Casares conforman un dietario personal onde a vida discorre coma un fluxo permanente. A obra dun escritor coma Casares merece ser considerada non como un conxunto de títulos illados, senón coma unha proposta dinámica, instalada no discurso xeral no tempo que lle tocou vivir. Coma unha novela aberta, as columnas de "Á Marxe" constitúen quizais un exemplo sobranceiro desta dimensión.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 256
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 13 x 21 cm
  • Data Publicación : 2005-11-29
  • Colección : Biblioteca Carlos Casares
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-790-6
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

latexo-beatLatexo BeatFestival Internacional Kerouac Vigo
corpo-de-antiochiaCorpo de antiochiaTamara Andrés
leonardo-e-os-fontaneiros-2017Leonardo e os fontaneirosMaría Victoria Moreno
a-sombra-dos-bonsaisÁ sombra dos bonsaisAntón Riveiro Coello
e-habera-tiron-de-orellas-2017E haberá tirón de orellas?María Victoria Moreno

Casares Mouriño

Casares, Carlos
Carlos Casares Mouriño naceu en Ourense en 1941 e morreu en Vigo en 2002. Escritor e crítico literario, foi unha das personalidades máis importantes da cultura galega das últimas catro décadas. É autor de obras tan significativas como as novelas Ilustrísima e Os mortos daquel verán e os libros de relatos Vento ferido e Os escuros soños de Clío. Dirixiu a editorial Galaxia e a revista Grial ata o seu pasamento.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR