lus candil

15,75€

mercar

Á lus do candil

Anxel Fole

A descuberta dun escritor que na súa obra unía a tradición literaria moderna coa raiceira popular.

A Biblioteca de autor que Galaxia dedica ao autor lugués inclúe este libro que é fundamental para entender a evolución da literatura galega do século XX. A cuberta do libro reproduce un cadro de Carlos Maside e conserva o limiar que para a primeira edición fixera Salvador Lorenzana.
Publicado no 1953, Á lus do candil é unha colección de quince relatos nos que a imaxinación e o humor xogan un papel importante á hora de desenvolver as sorprendentes historias de misterio que xorden da vida cotiá. Coma os contos que se comparten o carón da lareira, as narracións de Fole conservan toda a frescura e espontaneidade, toda a graza e lixeireza que autores coma Italo Calvino consideran unha das virtudes fundamentais das obras literarias.
Este libro foi unha contribución esencial ao rexurdimento da narrativa galega de posguerra. A descuberta dun mundo máxico que se confunde co real, onde por tras das aparencias xorden historias insospeitadas, contos de aparecidos, de lobos, de premonicións e soños fantásticos… Un libro que hoxe continúa a ofrecer aos lectores e lectoras toda a intensidade e toda a forza de sedución da gran literatura.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 168
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210 mm
  • Data Publicación : 2014-01-23
  • Colección : Biblioteca Ánxel Fole
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-753-1
  • Edición : 3

Noticias relacionadas

Kriseiluaren argipean2011-03-18 10:22:24
Á lus da Esmorga2013-03-05 11:37:04


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514909Santa Marta de MoreirasXosé Ramón Fernández-Oxea
9788491515548O nariz de FizMiro Villar

Fole

Fole, Anxel
Ánxel Fole (Lugo, 1903-1986) cursou estudios de Dereito e Filosofía e Letras en Valladolid e en Santiago, pero dedicou toda a sua vida á literatura e ao xornalismo. O seu primeiro libro publicado foi A lus do candil (1952), ó que lle seguirían Terra brava (1955), a obra teatral Pauto do demo (1958), Contos da néboa (1973) e Historias que ninguén cre (1985) Mestre do relato curto, a súa literatura contén elementos máxicos e realistas e céntrase fundamentalmente na descrición do mundo tradicional galego.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR