Estás aquí:

A lingua das bolboretas

esgotado

ESGOTADO

A lingua das bolboretas é un relato incluído no libro ¿Que me queres amor?, que no 2005 Galaxia tira do prelo nunha edición especial , ilustrada por Miguelanxo Prado e publicada coa colaboración da Asociación AIAN de Vigo.

Manuel Rivas obtivo o Premio Nacional de Literatura no ano 1996 co libro ¿Que me queres amor?, que anteriormente tamén recibira o premio Torrente Ballester. Un dos relatos incluídos neste libro é A lingua das bolboretas, que a finais do ano 2005 Editorial Galaxia edita cun deseño especial, ilustrado por Miguelanxo Prado, un dos grandes debuxantes galegos. Unha publicación que conta coa colaboración da Asociación AIAN de comerciantes de Vigo.

O orixinal universo literario de Manolo Rivas unido á capacidade plástica para explicar emocións e retratar personaxes e ambientes de Miguelanxo Prado poñen nas mans de lectores e lectoras unha senlleira edición de A lingua das bolboretas.

O relato de Manuel Rivas, que xa se atopa entre os contos de meirande popularidade da literatura galega, segue a sorprender e emocionar nesta nova edición na que as ilustracións botan unha luz diferente sobre un texto que gaña matices e intensidade con cada nova lectura.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 40
Deseño: Capa dura
Data Publicación: 02/12/2005
Dimensións 16 x 22 cm mm.
Colección: Edicións especiais en capa dura
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-874-3
Observacións: ESGOTADO

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Rivas, Manuel
manolo

Manuel Rivas (A Coruña, 1957) é un dos escritores máis destacados no actual panorama das letras galegas. Dende 2009 é membro da Real Academia Galega. É autor dunha obra literaria que abrangue títulos como os poemarios Libro do Antroido (1981), Balada nas praias do oeste (1985), Mohicana (1986), Ningún cisne (1989), Costa da Morte blues (1995), O pobo da noite (1997) e as obras narrativas Un millón de vacas (1989), Os comedores de patacas (1991), En salvaxe compaña (1994), Que me queres, amor? (Editorial Galaxia, 1995), O lapis do carpinteiro (1998) e Os libros arden mal (2006).

Rivas é tamén un dos representantes máis salientables do xornalismo galego de hoxe. Colaborador habitual do diario El País, dirixiu a revista Luzes de Galiza e ten recollido grande parte dos seus artigos xornalísticos en libros como Galicia, el bonsai atlántico (1990), Toxos e flores (1993), Muller no baño (2002) e Os Grouchos (2008). En 2009 recibiu o Premio de xornalismo Francisco Fernández del Riego por un artigo sobre Ramón Piñeiro; en 2011 foi nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña.

As súas obras

Grial 144
144
12.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Edicións especiais en capa dura

A fada das lapas
fada
17.20€ CON IVE
A lingua das bolboretas
a lingua bolboreta
esgotado
A serea do mundo
serea
17.60€ CON IVE
Memorias dun neno labrego (C)
memoria
21.75€ CON IVE
O branco país sen neve
branco
17.60€ CON IVE
O galo de Antioquía
o galo antioquia
16.50€ CON IVE
O home que plantaba árbores
home
17.50€ CON IVE
O libro das Seniguais e do único Senigual
seni
20.90€ CON IVE