A investigación educativa en Galicia 2002-2014

27,00€

mercar

A investigación educativa en Galicia 2002-2014

VV.AA.

Este libro é froito da vontade de colaboración entre investigadoras e investigadores da educación das tres universidades de Galicia.

O seu propósito é sistematizar e divulgar as achegas do traballo desenvolvido contando tamén coa implicación de mestres e profesionais doutros niveis de ensino. O volume amosa a diversidade de eidos e núcleos de interese que alicerzan a curiosidade científica arredor dos procesos educativos, dentro e fóra da escola, e mesmo a pluralidade de enfoques e métodos de investigación desenvolvidos durante máis de dez anos. Trátase depoñer ao dispor da sociedade un conxunto de análises e datos para a prevención do fracaso escolar, a mellora da innovación educativa nas escolas, a formación dos profesores, a xestión da diversidade cultural e o aproveitamento dos coñecemento das familias nos procesos educativos. Concibido desde ámbitos coma a psicoloxía da educación, a tecnoloxía educativa ou a formación e a orientación, o libro ten o obxectivo de axeitar a educación ás necesitades da cidadanía no século XXI.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 520
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 2016-06-06
  • Colección : Ensaio
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-697-8
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

guedellasdesedaelino2017Guedellas de seda e liñoMaría Victoria Moreno
grial-214Grial 214 VV.AA.
unha-ducia-de-galegosUnha ducia de galegosVíctor F. Freixanes

VV.AA.

VV.AA.,


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR