A fada das lapas

Manuel Janeiro

Nunha edición singular, con ilustracións de Zita Delaco, Editorial Galaxia publica esta narración transparente e misteriosa que é asemade unha metáfora do noso tempo ao falar da seducción, do amor, da ruptura da parella e da perda dos fillos.

Tras o éxito de Pucho, o habitador dos tellados, o seu primeiro libro de narrativa, o deseñador Manuel Janeiro volve á procura dos lectores con A fada das lapas, á vez unha narración transparente e misteriosa na que o autor, sen abandonar a súa preocupación pola linguaxe, mesmo pola linguaxe poética, traza a historia dun ser sobrenatural, das súas relacións cun ser humano e do fillo froito dese emparellamento.

En toda a obra latexa un impulso tráxico e mítico, por veces sagrado. Esta nova achega de Janeiro é deses libros difíciles de deixar de ler unha vez comezados. O lector queda atrapado na vitalidade da historia ata advertir que non está inmerso nunha aventura de resonancias medievais e mitolóxicas, senón nunha metáfora do noso tempo que fala da seducción, do amor, da ruptura da parella e da esnaquizadora perda dos fillos.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 60
  • Deseño : Cartoné
  • Dimensións : 17 x 24 cm
  • Data Publicación : 2008-11-17
  • Colección : Edicións especiais en capa dura
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-133-1
  • Edición : 1

Noticias relacionadas

Galaxia no CULTURGAL 082009-02-05 09:52:12
Novo libro de Manuel Janeiro2009-02-05 09:50:43

Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

prana-apanaPrana ApanaPatricia Rivas Gallego
9788491514473O derradeiro libro de Emma OlsenBerta DávilaPablo Prado
9788491514589O país do porvirXoaquín Fernández Leiceaga
manuel-garcia-barros-estampas-desde-o-valEstampas desde o valManuel García Barros

janeiro

Janeiro, Manuel
Manuel Janeiro (Madrid, 1951), profesor, escritor e deseñador, despregou unha ampla actividade en variados campos da creación. No eido da gráfica editorial e o audiovisual foi responsable da imaxe das editoriais Galaxia e Gredos e autor, a partir dos seus propios guións, de dúas obras sobre o traballo de dous arquitectos: Mínimo (2003) e As persoas do verbo (2004). Como poeta, publicou Primera edad (1977), Poemas sobreros (1989) e Ensayos para el habla (2009); como narrador, Pucho o habitador dos tellados (IBBY, 2007) e A fada das lapas (Galaxia, 2008), ademais dunha incursión na literatura infantil con A abella abesullona (Galaxia, 2009). O sexo masculino dos anxos (Galaxia. Literaria, 2014) é a súa última obra en prosa. Unha novela coa que sube un chanzo máis que o leva a se converter nunha das voces máis singulares da nosa literatura.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR