lobo

9,00€

Non dispoñible

A distancia do lobo. Biografía de Uxío Novoneyra

Antón Lopo

Biografía do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2010

Uxío Novoneyra está xa gravemente enfermo e rememora a súa vida, desde O Courel da II República ás rúas de Zúric onde viu, a primeiros da década de 1990, os rapaces anestesiarse con heroína. Xorden así unhas memorias concibidas con aparencia de autobiografía, nas que a figura totémica de Novoneyra o inunda todo. En A distancia do lobo, Antón Lopo utiliza a obra do poeta, as súas entrevistas e os seus discursos para reconstruír a traxectoria vital dun escritor que mantivo a liberdade como principio irrenunciable. A partir dese material, e mediante unha serie de entrevistas con Elba Rey -viúva de Novoneyra- e con amigos e persoas que o trataron en vida, trénzase unha peripecia que se inicia cos estertores da vida e conclúe na infancia.

A represión da ditadura, o principio de liberación dos pobos, a bohemia, o refuxio das tertulias ou as dificultades de forxar un ámbito cultural propio nos comezos da autonomía en Galicia, son algunhas das estacións dun percorrido que fai escintilar a práctica totalidade da poliédrica persoalidade dun home que converteu a poesía nunha forma de comportamento.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 164
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 190 mm.
  • Data Publicación : 2010-03-10
  • Colección : Letras Galegas
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-266-6
  • Edición : 1

Noticias relacionadas

PARA DEIXAR DE DICIR ADEUS2011-06-28 10:52:50
Remata o ano Novoneyra2011-03-18 10:23:08


Actividades relacionadas

DÍA DAS LETRAS GALEGAS2010-05-17 09:00:00

Novidades

o-segredo-das-burgasO segredo das burgasAndrés Pombo Graña

anton lopo

Lopo, Antón
Poeta, narrador e artista. É xornalista e coordinador da "Revista das Letras" e da sección "Maré" do xornal Galicia Hoxe.

A distancia do lobo. Biografía de Uxío Novoneyra supón a súa terceira aproximación biográfica a un escritor galego: en 1992, publicou a Fotobiografía de Fermín Bouza Brey e, en 2004, en Editorial Galaxia, As tres mortes de Lorenzo Varela. Antón Lopo deuse a coñecer como poeta con Sucios e desexados (1988), Manual de masoquistas (1991) ou Fálame (2003); tamén é autor das novelas As reliquias (1991) e Ganga (2001).

En 2010 recibiu o Premio García Barros pola novela Obediencia.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR