Estás aquí:

Código: 2391

A cociña de Larpeiros. 150 receitas de Benigno Campos

22,60  IVE INCLUIDO
Velaquí unha selección de receitas que Benigno Campos nos presenta tentando cubrir a demanda dun gran número de seguidores do programa da Televisión de Galicia, "Larpeiros".
A riqueza e variedade da cociña tradicional galega é a base da que parte Benigno Campos para elaborar 150 receitas de cociña no seu libro A cociña de Larpeiros. O popular cociñeiro do programa Larpeiros, da Televisión de Galicia, propón un percorrido saboroso pola cociña galega de sempre, tradicional e sinxela, á que engade unha achega persoal en cada un dos pratos propostos e a recomendación dun viño axeitado para os acompañar. O libro vai precedido dun limiar do escritor Xosé Cermeño e ponlle cabo o epílogo do xornalista Tomás Alonso. O saber culinario de Benigno Campos Melón vénlle de Chapela, o barrio que une Vigo con Redondela, ao pé da ría, onde medrou entre os sacos, as latas e os aromas do negocio familiar de ultramarinos, e onde tivo un forno de pan a poucos pasos da súa porta e xogou nunha praia rica en ameixas, berberechos e beretes, lindante con leiras de leitugas e patacas. Logo, Benigno Campos acabou de facerse no Vigo fabril e sindicalista: traballou mirando ao mar para o que miran os estaleiros, as conserveiras, os naseiros, as redeiras, os bateeiros, as mariscadoras. Tal como afirma Xosé Cermeño no prólogo do libro, "Os receitarios son comunmente lembrados polo nome dos seus autores, máis que polo seu título. Falamos do Picadillo, ou do Simone Ortega, ou do Escoffier. Seguramente falaremos no futuro deste libro como o Benigno, o receitario que compilou unha cociña popular, apegada á terra e á memoria". Un libro de receitas que é útil á vez que gorentoso, que pola súa utilidade aproveita para cociñar e tamén aproveita ao padal. O mester da cociña, amais de innovar e experimentar, cómpre que conserve os sabores, texturas e recendos que constitúen a base da memoria gastronómica galega. A que fai lembrar aqueles guisos sólidos, cabais, condimentados con fidelidade aos sabores da infancia e do país. Por esa razón, A cociña de Larpeiros é un libro honesto, no que a cociña propia de Galicia se arrequenta coa doutras tradicións foráneas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 180
Deseño: Capa dura
Data Publicación:
Dimensións 170 x 200 mm mm.
Colección: Cociña
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-202-4
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Campos, Benigno
benigno

Benigno Campos naceu en Chapela. Durante 39 anos traballou nunha empresa da construción naval. Foi en Madrid, no ano 1971, mentres estaba a cumprir o servizo militar, cando comezou a afeccionarse á cociña grazas a súa amiga Tonina, tamén de Chapela.

Esta afección levouno a ser un dos integrantes do exitoso programa de cociña da Televisión de Galicia Larpeiros. Co seu libro de receitas, A cociña de Larpeiros, pretende cumprir coa demanda dun gran número de seguidores do programa. Publicou moitos outros títulos, entre os que destacan os seguintes: Novas receitas da cociña de Larpeiros (2010), Onde mercan os Larpeiros (2011), Volve a cociña de Larpeiros (2010), Cociñando con Benigno Campos (2014) e Peixes e mariscos. As receitas de Benigno Campos (2016).

As súas obras

A cociña de Larpeiros. 150 receitas de Benigno Campos
larpeiro
22.60€ CON IVE

COLECCIÓN

Cociña

A cociña de Larpeiros. 150 receitas de Benigno Campos
larpeiro
22.60€ CON IVE
A cociña dos Cunqueiro
A cociña dos Cunqueiro
21.75€ CON IVE
As lambetadas de LARPEIROS
As lambetadas de LARPEIROS
22.60€ CON IVE
As lambetadas de larpeiros con mandil
As labetadas de larpeiros con mandil
22.60€ CON IVE
Cociñando ao pé da letra
coci
22.60€ CON IVE
Cociñando con Benigno Campos
Cociñando con Benigno Campos
22.60€ CON IVE
Cociñar con algas
Cociñar con algas
Estrelas da despensa galega e 67 receitas con historia e sabor
estrelas-da-despensa-galega
22.60€ CON IVE