foto

9,20€

mercar

A chave dos soños

Antonio García Teijeiro

Relatos sobre as dificultades que teñen os pequenos para viviren nun mundo feito polos maiores

Este libro é unha colección de sete relatos para rapaces, que ofrecen a posibilidade dunha lectura aberta, na que cada un pode tirar as súas propias conclusións. Todos tratan de problemas reais, especialmente as dificultades que teñen os pequenso para viviren nun mundo feito polos maiores, sen pensar demasiado neles. O lector atopará aquí o diario do neno que busca falar con alguén que o entenda, ou a historia de Tocho, un boneco que está convencido de que non serve para nada, como se as cousas inservibles non tivesen tamén o seu encanto. Vai igualmente aquí o conto de Roi, que prefire crear o seu propio mundo á beira do mar: e o de Mario e Marta, incapaces de entender que as bonecas teñan que ser para as nenas e os balóns para os nenos. E algúns máis, como o do reloxio que un día deixou de dar as badaladas. Son historias de nenos contadas para nenos por alguén que aínda ten cousas de neno.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 108
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 115 x 203
  • Data Publicación : 1998-01-01
  • Colección : Árbore a partir de 12 anos
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-7154-653-1
  • Edición : 5

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

9788491514015Os jeans de MaríaLois Alcayde Dans
9788491514046CarruselBerta Dávila
a-fraga-do-meu-avoA fraga do meu avo Mamá Cabra
na-metade-da-noiteNa metade da noiteLuis Marcelo Pérez

Autor/a

antonio-garcia-teijeiro-anxo-cabada

García Teijeiro, Antonio
Antonio García Teijeiro naceu en Vigo en 1952. É profesor, escritor e crítico de literatura infantil. Galardoado co Premio Merlín por Na fogueira dos versos, entrou na Lista de Honra do IBBY e concedéuselle o Premio Pier Paolo Vergerio da Universidade de Padua (Italia), un dos máis prestixiosos de Europa. Co poemario Arredor do teu corpo gañou o Premio Illas Sisargas. Pero estes son só algúns dos moitos recoñecementos que atesoura. Algúns dos seus poemas foron musicados por grupos de Galicia e por músicos como Antón Seoane e Paco Ibáñez. Mantén unha intensa actividade na rede dende o blog Versos e aloumiños.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR