A bisneta lercha

Paco Martín

O pracer de contar.

Paco Martín publica un novo libro no que quere recuperar o pracer de contar. En A bisneta lercha reelabora tres realatos fundamentais da tradición literaria europea, volve ao conto popular devolvéndolle o seu labor primixenio.

Os contos da tradición popular, que logo sería adapatados para o publico infantil, volven agora aos lectores e lectoras de hoxe para recuperar con eles a curiosidade e a ledicia das primeiras lecturas. Paco Martín que foi Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil no ano 86 co inesquecible Das cousas de Ramón Lamote, pon en xogo toda a súa sabedoría narradora para reelaborar dende a Galicia de hoxe, e para quen guste da literatura sen filtros, contos como "A carapuchiña vermella", "O parrulo feo" e "O gato con botas". Contos para todo tipo de lectores que o escritor actualiza e nos devolve con azos novos, sen perderen a forza e a maxia literaria que os fixo permanecer na lembranza de milleiros de lectores.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 128
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210 mm.
  • Data Publicación : 2006-05-02
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-908-5
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

9788491514053Atranco no bancoManuel Núñez Singala
9788491514060A sombra das árboresAna Abad de Larriva

Autor/a

paco-martin-pepe-alvez

Martín, Paco
Paco Martín (Lugo, 1940) foi mestre. Leva toda a vida escribindo nos medios de comunicación, onde moitos dos seus artigos foron premiados (Premio Puro Cora de Xornalismo, 1994). Un dos seus grandes intereses foi o ensino da nosa lingua, para o que escribiu libros de texto. Entre a súa vizosa obra destaca Das cousas de Ramón Lamote (1985), Premio Barco de Vapor (1984), Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil (1986) e Lista de Honra do IBBY (1986). O home que mercou un libro é a primeira obra que publica na colección xuvenil Costa Oeste.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR