Estás aquí:

Código: 1069

A berenguela

20,75  IVE INCLUIDO
Un novo achegamento, dende a música e a voz, a unha das obras importantes de Manuel María.
A Berenguela é unha das obras de teatro infantil máis coñecidas de Manuel María, o autor a quen neste 2016 se lle dedica o Día das Letras Galegas. Dende a Editorial Galaxia pensamos en facer un achegamento algo diferente aos máis habituais, así que publicamos este libro pero acompañado nun CD no que o gran compositor galego Nani García nos demostra a grandeza do seu talento acompañado da voz, xa habitual noutras producións da nosa editorial e no mundo teatral galego, de María Inés Cuadrado.
Para poñerlle a guinda ao pastel necesitábase un ilustrador de altura, e ese non podía ser outro que Miguelanxo Prado.
Un mollo de artistas de talento (máis o limiar doutro grande da literatura galega como Francisco Fernández Naval) para unha obra talentosa.
Horas de lecer. Lendo. Ou escoitando…

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 32
Deseño: Cartoné
Data Publicación: 11/03/2016
Dimensións 145 x 225 mm.
Colección: Libros singulares e fora de colección
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-677-0
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Manuel María
Manuel María

Manuel María (Outeiro de Rei, Lugo, 1929 – A Coruña, 2004) vive a nenez e a adolescencia como calquera outro neno do mundo rural. Aos 19 anos pronuncia no Círculo das Artes de Lugo a súa primeira conferencia; intégrase na tertulia luguesa do café Méndez Núñez, invitado polo poeta Luis Pimentel, na que participan tamén escritores como Ánxel Xohán, Ánxel Fole, Ramón Piñeiro, Aquilino Iglesia Alvariño, Álvaro Cunqueiro e Carballo Calero.

Convértese en editor na revista Xistral -onde publica os seus primeiros poemas en galego-, e escribe o seu primeiro poemario, Muiñeiro de brétemas, que sairá en 1950 na colección Benito Soto, de Pontevedra.
Inicia os estudos e prácticas de procurador dos tribunais, publica o seu segundo poemario e gaña o Premio Castelao de Poesía do Centro Galego de Buenos Aires. No verán de 1953 escribe a primera redacción de Terra Chá, que é un verdadeiro reencontro coa vida chairega e coas súas raigames labregas.

Na década de 1960, o compromiso de Manuel María lévao a participar en acontecementos como a presentación de Raimon e da Nova Canción Galega, a edición de discos en colaboración coa discográfica EDIGSA e a inauguración da Libraría Xistral. No eido creativo, a súa voz é cada vez máis comprometida e combativa: Versos para un país de minifundios, Versos para cantar en feiras e romaxes, remol e Canciós de lusco ao fusco.

Da súa ampla obra posterior, cómpre salientar Poemas ó outono (1977), A luz resucitada (1984), Oráculos pra cabaliños do demo (1986), As lúcidas lúas do outono (1988), A primavera de Venus (1993) e Brétemas do muiñeiro (2000).

As súas obras

A berenguela
A berenguela
20.75€ CON IVE
García, Nani
Foto Nani García

(A Coruña, 1955): Compositor, músico e produtor musical nacido na Coruña. Inicia a súa formación musical en composición e jazz en Suecia entre os anos 1976 e 1980 ao tempo que cursa estudos de lingüística nas Universidades de Upsala e Estocolmo. Ao seu retorno a Galicia forma parte dos diversos grupos de jazz da época. Fundador do grupo Clunia a principios dos anos 80 a súa carreira comezou como pianista de jazz, actividade que mantén alternando coa súa faceta de compositor. Solista, produtor musical, adaptador e compositor, conta cunha longa experiencia nos diversos formatos do medio audiovisual (anuncios, tele series, video exposicións). Autor de bandas sonoras para longametraxes de animación e ficción, obras de teatro, curtametraxes, programas de TV, conta con máis de 100 publicacións entre obras de jazz, producións audiovisuais, producións para outros artistas. Recén no 2010 acaba de estrear un concerto para clarinete baixo e orquestra de vento e recibe o encargo de composición dunha obra para a OSG (Orquestra Sinfónica de Galicia). O seu selo persoal queda plasmado en obras do cine de animación como De Profundis, Engurras ou a recentemente multigalardoada curtametraxe de animación O Xigante o cal o sinala como un dos especialistas no xénero. Dende o ano 2009 dirixe o Festival Internacional de Jazz de VIgo "Imaxina Sons".
Jorge Pardo, Maria Joao, Mario Laginha, Baldo Martínez, Tom Gullion, Perico Sambeat, Kenny Wheeler, Pablo Milanes, Mathew Simon, Paolo Fresu, Ainhoa Arteta, Amancio Prada, MichaelMacGoldrick, Dulce Pontes, Tom Gullion, Karen Mathesson, Paco Charlín, Alfonso Moran, Victor de Diego, Tom Hornsby, son algúns do artistas cos que ten colaborado.
Estudou linguística nas universidades de Upsala e Estocolmo. Formado musicalmente en Suecia (1976-1980) nas aulas de jazz do taller de música de Sollentuna, impartidas polo pianista Uffe Sandberg e asistiu a clases maxistrais co pianista Bill Dobbins.

As súas obras

A berenguela
A berenguela
20.75€ CON IVE

COLECCIÓN

Libros singulares e fora de colección

120 anos de ciclismo galego
ciclismo
42.20€ CON IVE
A batalla de Rande. Mapas e gravados (1699-1715)
batalla de rande
41.60€ CON IVE
A bela Otero, pioneira do cine
a bela otero
24.15€ CON IVE
A berenguela
A berenguela
20.75€ CON IVE
A familia de Pascual Duarte (Facsímil)
A familia de Pascual Duarte (Facsímil)
22.00€ CON IVE
A música da terra
a musica da terra
descatalogado
A volta do xove Príncipe
A volta do Xove Príncipe
14.55€ CON IVE
Anthology of Galician Literature / Antoloxía da literatura galega. 1196-1981
alg
27.30€ CON IVE