a bela otero

22,20€

mercar

A bela Otero, pioneira do cine

Miguel Anxo Fernández

Un percorrido pola relación profesional e vital da Bela Otero co cinema do seu tempo.

Escrito con rigor e habelencia narrativa polo novelista e crítico cinematográfico Miguel Anxo Fernández, A Bela Otero, pioneira do cine é o resultado dun intenso traballo de investigación que enche un baleiro importante na historia do cinema galego ao situar a Carolina Otero como a primeira estrela cinematográfica no contexto do cine español.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 120
  • Deseño : Cartoné
  • Dimensións : 171 X 239
  • Data Publicación : 2003-08-01
  • Colección : Libros singulares e fora de colección
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-617-6
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

os-fios-de-infantilOs fíos de infantilÁngeles e Isabel Abelleira Bardanca

Autor/a

miguelanxo

Fernández, Miguel Anxo
O Carballiño, 1955. Doutor en Comunicación audiovisual, investigador e teórico cinematográfico, está vencellado desde finais dos anos setenta ao desenvolvemento do audiovisual galego, labor polo que se lle concedeu o Premio de Honra Fernando Rey no 2001. En 2012 recibiu o Premio da Cultura Galega polo seu labor a prol da creación audiovisual. Profesor de Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo, exerce a crítica diaria de cinema e televisión en La Voz de Galicia, ademais de colaborar no Diario Cultural (Radio Galega) e en Planeta Cine (TVG). Entre a súa obra especializada destacan Carlos Velo. Cine e exilio (1996), As imaxes de Carlos Velo (2001, Premio Sempre en Galiza), Las imágenes de Carlos Velo (UNAM, México, 2007), A Bela Otero, pioneira do cine (2002, Premio Chano Piñeiro), Rodado en Galicia (2005) e Os amigos de Chano Piñeiro (2007, ed.). No eido da ficción publicou en Galaxia O sabre do francés (2002) e Capitol, última sesión (2004), ademáis da triloxía sobre o detective Frank Soutelo, formada por Un nicho para Marilyn (2002, Premio García Barros), Luar no inferno (2006); Tres disparos e dous friames (2008), Lume de cobiza (2011), Bícame Frank (2013), O espido de Gina (2014) e Un dente sen cadáver (2016).


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR