foto

8,00€

Non dispoñible

A avoa e mais eu

Achim Bröger

O medo de Jutta a perder a súa avoa...

Esta é a historia de Jutta, unha rapaza que, ao volver do colexio, encontra na cociña unha nota da súa avoa, a quen quere moito, na que aquela lle di que se atopa mal e que está na cama. A partir deste momento, Jutta sente medo, sobe ver que pasa e observa que a avoa está inmóbil no leito. Despois marcha da casa e nas horas que pasa fóra, acompañada do seu amigo Dirk, non se poderá liberar da sombra escura dun pensamento triste. Así ata que regresa, chama polo seu pai e, ao non recibir resposta, sobe precipitadamente á habitación da avoa.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 104
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 110 x 200 mm.
  • Data Publicación : 1990-01-01
  • Colección : Árbore a partir de 10 anos
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-7154-698-2
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

campus-morteCampus morteLito Vila Baleato
memoria-do-corpoMemoria do corpoXesús Rábade Paredes

achim

Bröger, Achim
Naceu na República federal de Alemaña en 1944. Desde hai dez anos dedícase exclusivamente á literatura, actividade que durante moito tempo fixo compatible cun intenso traballo editorial. Os seus libros para nenos, que están traducidos a máis de dez linguas, acadaron unha grande aceptación entre os lectores e os críticos, que unanimemente consideran a Achim Bröger como un dos escritores de literatura infantil e xuvenil máis importantes de Europa. O seu libro A avoa e mais eu recibiu o Premio Alemán ao Libro Xuvenil en 1987 e foi incluído na lista de honor do IBBY do mesmo ano.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR